21 de xuño de 2013. O portavoz do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, Mario Outeiro, anunciou esta mañá na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación que o equipo de goberno levará ao pleno do vindeiro martes unha proposta na que solicitará o apoio do Partido Popular para requirir a Novagalicia Banco que, no prazo dun mes, inicie a devolución íntegra dos aforros dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigacións subordinadas.
“De non producirse este reintegro –puntualizou Outeiro- a Deputación procederá a cancelar os acordos vixentes coa entidade, tendo en conta a aplicación de criterios obxectivos e a preservación dos intereses da provincia.” Deste xeito, a institución lucense quere amosar a súa intención de non ser cómplice deste roubo no que os aforros dos galegos e galegas están a ser empregados para cubrir os buracos da burbulla financeira provocada pola incapacidade dos directivos das antigas caixas galegas e algúns representantes políticos. “Non queremos ser cómplices dun Goberno como o de Mariano Rajoy que, a través do Ministerio de Economía, do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e dos reais decretos lei avalados pola maioría absoluta do Partido Popular no Congreso e o Senado, está a ser coautor desta estafa millonaria.”
Na mesma proposta, os socios de Goberno solicitarán esixir ao Goberno do Estado a derrogación do Real Decreto polo que se lle expropia grande parte dos aforros de afectados e afectadas por produtos híbridos mediante a imposición de quitas e que xa supuxo o roubo de máis de 500 millóns de euros coa súa sinxela publicación no Boletín Oficial do Estado.
Continuidade dos procesos de arbitraxe
Mario Outeiro lamentou o feche da vía da arbitraxe, conseguida grazas ao traballo e mobilización das plataformas de afectados, cando aínda hai miles de persoas que se están enterando de que foron enganados e son propietarios de preferentes e subordinadas. “Grazas á arbitraxe, única vía gratuíta, recuperarán os seus aforros ao redor de 36.000 persoas por un importe de preto de 500 millóns de euros, pero o seu feche deixa fora do proceso, só en Lugo, a máis do 80 por cento dos afectados que agora quedan totalmente discriminados. Por iso desde o grupo de Goberno da Deputación solicitaremos o apoio do Partido Popular para instar ao FROB, como dono de Novagalicia Banco, ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que se reabra a vía da arbitraxe até que recuperen o seu capital todos os afectados e afectadas, xa que aínda están atrapados ao redor de 1.500 millóns de euros.”
Mentiras do Goberno central e a Xunta de Galicia
O portavoz do Grupo Provincial do BNG lembrou que “a pesar de ano e medio de loita diaria dos afectados e afectadas, do recoñecemento xeneralizado de que é unha estafa millonaria, dos miles de laudos arbitrais e máis dun cento de sentencias xudiciais favorábeis ás persoas estafadas e do compromiso e das promesas reiteradas de membros do Goberno do Estado e do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurando a recuperación dos aforros, o groso do capital colocado en preferentes e subordinadas segue sen devolverse aos seus donos, os clientes afectados”.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).