O Partido Popular de Riotorto manifesta que a Xunta de Galicia vai financiar o Concello de Riotorto unha brigada de incendios durante os meses de xullo, agosto e setembro composta por 5 persoas.
Con este convenio que se vai asinar nos vindeiros días entre o Concello de Riotorto e a Consellería do Medio Rural darase emprego a 5 persoas durante 3 meses.
Pedímoslle o Sr. Alcalde que ditas contratacións se realicen con xente do municipio e que teñan prioridade os desempregados do noso Concello.
Con está axuda que concede a Xunta de aproximadamente 27.000 euros, realizaranse labores de prevención, desbroce de pistas e masas comúns o obxecto de evitar incendios.
Esta cuadrilla estará formada por un condutor, un capataz ou encargado e 3 peóns.
Dende o grupo popular pedímoslle o Sr. Alcalde, que se deixe de criticar a Xunta como fixo no último pleno e que traballe por conseguir cousas beneficiosas para este Concello, como pode ser o remate da carreteira Riotorto-Marco de Álvare(paralizada polo bipartito) e que aplique as ordenanzas que eles mesmo aprobaron, cousa que non están a facer.
O partido popular de Riotorto agradece o esforzo que está a facer a Xunta de Galicia en momentos de crise, xa que con este convenio e co de desbroce conséguense dous obxectivos, por un lado manter as pistas de concentración limpas e por outro dar emprego a persoas do municipio.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



