As xestións iniciais realizadas a principios dos 90 cristalizaron por fin, despois de múltiples trámites, un persistente seguimento e a colaboración decisiva de anteriores e, sobre todo, dos actuais mandos da Garda Civil deron lugar á implantación dun novo servizo en Viveiro: o despregue da Garda Civil do Mar na costa de Lugo que celebran dende o PP local.
Este feito ten se cabe unha maior relevancia, posto que, nun período tan complexo e cando se producen determinados axustes, sen embargo neste caso se procede a dotar á nosa zona dun servizo máis. Por iso Viveiro e o resto da comarca deben de sentirse satisfeitos e orgullosos de lograr por fin un servizo largamente anhelado.
A Garda Civil do Mar, unha vez despregada na súa totalidade, contará cunha trintena de persoas e varias embarcacións o que redundará na economía da comarca e, especialmente, de Viveiro; pero, sobre todo, en seguridade e garantía para as esforzadas xentes do mar. Este servizo de e para o mundo da Pesca, é un complemento máis dos existentes como son a Delegación do Mar, o Heliporto, la Lonxa Climatizada, etc.
Para o PP de Viveiro é primordial o tratar de completar e conseguir aquelas dotacións que son apropiadas e axustadas á dimensión do municipio e tratar de evitar a perda das xa existentes. De aí, a importancia do mantemento de políticas de consenso e colaboración co resto das administracións polo que é preciso o evitar enfrontamentos estériles, dado que iso so provoca prexuízos para os nosos veciños.
“O PP de Viveiro e, polo menos unha parte significativa dos veciños deste municipio, damos a benvida aos membros do recen estreado destacamento da Garda Civil do Mar e aos seus superiores, ao mesmo tempo que agradecemos á Dirección General e aos seus mandos a súa sensibilidade á hora de dispoñer o despregue da Garda Civil do Mar en Viveiro”, manifestou o voceiro do grupo municipal popular, Antonio Bouza.