Mondoñedo, 07 de xuño de 2013- O Partido Popular, dentro da súa liña de traballo que ten como un dos obxectivos principais potenciar o turismo na localidade, rexistrará para o seu debate na próxima sesión plenaria municipal unha moción na que instan ao Concello de Mondoñedo a que habilite o espazo de usos múltiples, ubicado ao carón da oficina de turismo, no primeiro andar da biblioteca municipal, como unha sala de exposicións.
Os populares consideran que esta sala de usos múltiples, localizada en pleno casco histórico, trátase dun espazo inmellorable e idóneo onde, segundo explican dende o partido, se poderían presentar exposicións itinerantes sobre Mondoñedo, mostras de mozos artesáns ou mesmo elementos de gran valor para os veciños.
Dende o PP explican que a sala de usos múltiples está desaproveitada e sen funcionalidade clara, polo que sería necesario a súa optimación e estudar proxectos que lle puidesen dar uso a este espazo e convertelo nunha sala de exposicións.
Esta xestión “trataríase dunha actuación prioritaria para a localidade co único fin de reactivar o turismo local e máis tendo constancia da existencia de iniciativas de persoas privadas con disposición a facer doazóns de elementos de gran atractivo e valor turístico para a localidade”.
Así o explicaron dende o PP local ao tempo que aseguraron que Mondoñedo é unha localidade cun enorme atractivo turístico que “se debería saber potenciar a través de iniciativas impulsadas pola administración local” ao tempo que engaden que “o municipio dispón de localizacións idóneas que poderían albergar proxectos que se convertesen nunha boa carta de presentación para Mondoñedo”.
Ante este feito, os populares consideran que é o momento de actuar e de “adoptar decisións que incluso sen custe” permitan dinamizar a localidade
Traballo a prol do fomento do turismo local
Os populares emprenderon unha liña de traballo na procura da reactivación do fomento do turismo local, así participarán tamén mañá sábado nas xornadas sobre turismo, enmarcadas no ciclo de mesas sectoriais que se planificaron na comisión económica creada pola Consellería de Industria e da que forma parte o Grupo Popular Municipal.
Así, dende o PP seguen a ofrecer un pacto en turismo e traballo en conxunto co bipartito local que repercuta nun fin común: “a reactivación de Mondoñedo”. Neste senso, os populares votaron a favor dun plan de turismo, pese a que o consideraban mellorable, en algúns aspectos; mentres que o bipartito votou a favor da iniciativa plenaria presentada polo Grupo Municipal do PP na última sesión plenaria e na que instaron ao equipo de goberno a que cumpriran coas conclusións obtidas na mesa de traballo organizada o pasado 27 de abril sobre o sector turístico.
Así, nesta iniciativa plenaria o Concello de Mondoñedo comprometeuse a realizar as xestións oportunas para reforzar a oficina de turismo; a aproveitar as novas tecnoloxías e a crear un portal web da localidade e por último; a coordinar un horario operativo e eficaz con todas as entidades implicadas no turismo local, como son empresarios privados e as institucións relixiosas, xestoras de gran parte do patrimonio cultural (catedral, museo…).
O PP local seguirá moi cerca que o bipartito local cumpra cos compromisos asumidos e polos que pode pasar a reactivación do turismo local, así segue a ofrecer a continuidade dese “medio” pacto en turismo, que se podería evidenciar coa votación a favor por parte do bipartito da iniciativa para a creación dunha sala de exposicións.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



