Representantes do PSdeG na Mariña, entre eles os deputados e voceiros do partido na comarca José Ramón Val, Lara Méndez e Alfredo Llano, anunciaron que os socialistas presentarán mocións en todos os concellos mariñáns contra a supresión de médicos de atención primaria para que os representantes do PP se manifesten sobre as decisións da Xunta co “desmantelamento” dos centros de saúde. A voceira de Cervo, Lara Méndez, esixiu asimesmo que “os responsables do PP na Mariña e na provincia, como o señor José Manuel Balseiro, teñen que facer algo máis e presionar á Xunta, non só facer o paripé nun pleno municipal e despois xogar un dobre papel no Parlamento e ante o goberno autonómico, onde realmente ten que demostrar se está a favor dos veciños”.
Nesta mesma liña, o parlamentario José Ramón Val lamentou que “xa se ve cales son as prioridades do señor Balseiro para a Mariña no Parlamento, pois preferiu levar de urxencia unha iniciativa porque o seu partido perdeu o goberno do Valadouro, que só lles interesa a eles, que esixir na Cámara que a Xunta rectifique nun tema tan grave como a eliminación de profesionais sanitarios, polo que os veciños están protestando masivamente nas rúas”.
Os socialistas, que se sumaron á manifestación veciñal convocada en San Cibrao, critican que “os plans de desmantelamento da sanidade do PP xa se cobraron a primeira vítima, o Concello de Cervo” pero este “non é un caso illado, xa que en Ribadeo levan sen cubrir máis dun ano a baixa dun facultativo e en varios municipios hai médicos a piques de xubilarse”. Por isto, esíxenlle aos responsables do goberno galego que expliquen cales son os seus plans, e se teñen pensado seguir o criterio do Goberno central de cubrir soamente o 10% das prazas dos facultativos que se xubilen, o que suporía “acabar cunha prestación sanitaria pública de calidade”. Tamén piden explicacións sobre a intención anunciada en sede parlamentaria de reducir á metade a dotación de recursos humanos dos centros de saúde do rural que teñan menos de 1.500 habitantes, “sen ter en conta nin o envellecemento poboacional nin a dispersión, o que sería un novo ataque que agravaría o problema do despoboamento”.
Desde o PSdeG pídenlle á Xunta na moción que “manteña como mínimo o mesmo número de facultativos nos centros de saúde” que existían antes da creación da Área Integrada Sanitaria, un modelo de xestión á que os socialistas se opoñen e que supón que o orzamento dos centros de atención primaria deixe de ser independente e adaptada concretamente ás necesidades dos pequenos centros de saúde, e dependa da distribución global dos fondos sanitarios para toda a provincia.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



