Compostela, 26 de xuño de 2013. A Sala 2ª do Contencioso administrativo do TSXG vén de estimar o recurso de ADEGA contra o acordo do Consello da Xunta (26/5/2011) que se aprobou un Plano Sectorial de incidencia supramunicipal coa intención de legalizar as falcatruadas urbanísticas en Barreiros, para o que ían gastar 14 millóns de euros de cartos públicos.
En relación a esta sentenza do TSXG, destacar que para ADEGA trátase dun fallo de enorme importancia e transcendencia social en todos os aspectos:
-Dende o punto de vista xurídico, porque ven a restaurar a vixencia da legalidade urbanística fronte á arbitrariedade da Administración: De producirse unha legalización por esta vía, sería toda unha invitación a concellos e promotores para saltarse calquera normativa urbanística.
-Dende o punto de vista social: Porque vén ven a restaurar e reforzar o principio de igualdade de todos fronte á lei. Resulta imposible defender que mentres en Barreiros a Xunta mesmo retirou os contenciosos-administrativos interpostos que ela mesma promoveu, tentando legalizar con fondos públicos actuacións urbanísticas ilegais, outros casos en indéntica situación resulten en severas sancións e mesmo derrubamentos.
-Dende o punto de vista democrático: Porque fronte ás veleidades arbitrarias deste goberno galego, permítenos seguir crendo na independencia do poder xudicial, na prevalencia deste sobre o poder executivo e na vixencia do Estado de dereito. Sen a vixencia destes principios, camiñariamos irremediabelmente cara un Estado fascista.
Feita esta introdución, debruzamos os detalles da sentenza:
O FALLO:
“Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA contra do Acordo de 26/05/2011 do Consello da Xunta de aprobación definitiva do Plan Sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no municipio de Barreiros, que anulamos por ser contrario a dereito”.
OS FUNDAMENTOS:
Na demanda presentada por ADEGA abondábase en dous argumentos:
-A inexistencia de supramunicipalidade: Este Plano Sectorial “á medida” para nada pode considerarse incluído entre os instrumentos de ordenación previstos na Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio. En relación á incidencia supramunicipal argumantada pola Xunta, é importante sinalar que a sentenza, despois de recordar que as actuacións previstas no Plan Sectorial se limitan ao ámbito do Concello de Barreiros e que, portanto, non pode defenderse o carácter supramunicipal en base ao suposto da súa implantación xeográfica, ven a argumentar que “as actuacións previstas non se refiren a vivendas protexidas e as infraestruturas, dotacións e instalación non teñen unha incidencia que transcenda ao termo municipal, nin pola súa magnitude e importancia, nin pola demanda social, nin polas súas especiais características”, negando así o outro dos supostos previstos na lei 10/1995 para a xustificación dun plan sectorial.
-Unha desviación de poder por parte do Consello da Xunta ao pretender, por medio deste Plan Sectorial, eludir a aplicación das disposicións urbanísticas da Lei 9/2002. A sentenza, de forma contundente, conclúe “que non concorría ningún dos supostos nos que, segundo establece a Lei 10/1995, procede a aprobación dun Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal, polo que a aprobación do litixioso non é conforme a dereito. Tal circunstancia determina que caiba apreciar na actuación da Administración demandada unha desviación de poder das denominadas desviación de procedemento.”
Así pois, a sentenza rexeita claramente os argumentos da Xunta e máis da Deputación de Lugo sobre o carácter supramunicipal das actuacións previstas neste Plan Sectorial, negando que poida haber nelas algún interese xeral dos previstos na Lei 10/1995 para os Plans e proxectos sectoriais.
Pero, ademais, a sentenza non deixa de recordarlle ao Consello da Xunta o carácter presuntamente ilegal da actuación do Concello de Barreiros: “non cabe olvidar, así mesmo, que a orixe do problema que se trata de solucionar coa aprobación do Plan litixioso non é unha falta de previsión legal, senón unha actuación do Axuntamento de Barreiros que esta Sala ha considerado no conforme a la legalidade en los casos en que tivo que enxuiciala de forma definitiva, e incursa nunha aparencia de ilegalidade nos numerosos supostos nos que, en sede de medidas cautelares, decretou a suspensión da executividade dos actos de concesión de licenzas obxecto de impugnación xudicial”.
Non necesitamos engadir máis nada. A sentenza é, en si mesma, suficientemente clara: Non poden legalizarse as actuacións urbanísticas ilegais do Concello de Barreiros pola vía deste Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, porque suporía un delicto de desviación de poder.
AS CONSECUENCIAS:
De nada vale unha sentenza se non se executa en todas as súas as consecuencias:
Consecuencias xurídicas
-No ámbito do contencioso-administrativo: a primeira consecuencia que temos que reclamar dos tribunais de Xustiza é a reposición dos contenciosos-administrativos interpostos dende a Xunta de Galiza e que este Goberno retirou coa escusa deste Plan Sectorial.
-No ámbito penal: En base á desviación de poder da Administración que se recoñece nesta sentenza, entendemos que o Ministerio Fiscal non pode desentenderse das denuncias de prevaricación presentadas contra da Alcaldía e Comisión de Goberno do Concello de Barreiros e contra Arquitecta Municipal e da denuncia que dende ADEGA, temos presentado contra do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Sr. Hérnández por prevaricación e delictos contra a facenda pública.
Tamén compre que o Ministerio Fiscal se implique na investigación de todo o proceso de retirada por parte da actual Xunta dos contenciosos-administrativos que, ante o desacato do alcalde de Barreiros ás ordes de revisión das licenzas, interpuxo a anterior Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). A arbitrariedade da Xunta de Feijóo quedou en evidencia ao retirar tamén os contenciosos fóra do ámbito de actuación deste Plan Sectorial (urbanización de PROQUINTAS na Zona de San Bartolo) e tamén polo que respeita ao convenio subscrito polo Concello de Barreiros, a Deputación Provincial, a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia, por esixir aos promotores a renuncia a calquera reclamación de responsabilidade patrimonial derivada da impugnación de licenzas e paralización das obras.
Por último, sería preciso investigar toda a actuación da APLU durante estas dúas últimas lexislaturas: Non é presentábel que mentres se promove o derribo de obras presuntamente ilegais, esta mesma Axencia non teña sequera inspeccionado ningunha das actuacións de Barreiros, nen sequera para informar sobre a retirada dos contenciosos-administrativos.
Consecuencias políticas
Ante unha acusación de desviación de poder como a que se recoñece nesta sentenza, en calquera Estado de Dereito cunha mínima sensibilidade e vergoña democrática, que entenda exercicio do poder como un instrumento ao servizo da cidadanía e non en beneficio do negocio privado de achegados e amigos, ningún dos responsábeis que promoveron este Plan Sectorial merecerían seguir un minuto máis no seu cargo. Porque quen, incorre en “desviación de poder” como sinalou o TSXG e a usa para legalizar todas as falcatruadas urbanísticas do concello Barreiros, e logo executa sancións e derrubos en outros casos menos menos graves, non só actúa arbitraria e antidemocraticamente senón que constitúe un auténtico perigo social.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



