Lugo, a 20 de xuño de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular vén de rexistrar unha pregunta plenaria dirixida ao presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, na que se interesan pola suficiencia da cantidade consignada para adxudicar a parte da obra pendente de realizar do proxecto Marco de Álvare –As Rodrigas (Riotorto), logo da rescisión do anterior contrato debido a situación concursal da empresa adxudicataria.
Os populares piden explicacións a Gómez Besteiro tras ter acceso a datos incongruentes que evidencian que a contía recollida en orzamento para sacar a licitación a parte da obra non executada é inferior a contía pendente de executar. Feito, que segundo os populares, pon en dúbida unha vez máis a continuidade e posible resposta positiva aos veciños en relación a un proxecto, cuxa primeira adxudicación data do ano 2007.
Os datos aos que tiveron acceso os populares reflexan que o importe executado da citada obra, segundo o director técnico, é de 355.068,96 euros, dun total de 967.167,98 –importe de adxudicación-. O que quere dicir que quedan pendentes de executar, segundo o técnico que fai a valoración, un total de 612.099,03 euros.
Sen embargo, á hora de elaborar o proxecto necesario para sacar a licitación a parte da obra non executada, o mesmo técnico recolle no orzamento do proxecto un total de 575.108,52 euros. Tendo en conta que quedaban pendentes de executar 612.099,03 e se consigna 575.108,03; a contía orzamentada é inferior, o que indica que a obra restante por executar leva 36.990,50 euros menos de orzamento do que debería.
Ante esta situación os populares pregúntanlle a Gómez Besteiro polas explicacións que motivan esta diferenza e ínstano a que garanta a suficiencia da contía para finalizar a obra.
Baixada no prezo de adxudicación
Os populares explican que a esta situación se lle suma que o prezo inicial do proxecto era de 1.033.000 euros, e que se reduciu a un importe de adxudicación no ano 2011 de 967.167,98 euros como consecuencia da baixa realizada pola empresa adxudicataria e o incremento do IVE ao 21%. Co cal os populares analizan que, se se parte deste orzamento para valorar a obra pendente de executar e se pretende volver a sacar a concurso en dito prezo, as empresas deberán realizar unha baixa ao contrato sobre a baixa realizada pola primeira empresa ao proxecto inicial. Polo tanto, os populares pregúntanse de novo se é suficiente a contía orzamentada.
Unha obra chea de datos contraditorios
Os populares amosan a súa máxima precaución ante esta situación de datos manifestamente contraditorios e máis logo de ter acceso a informes que evidenciaban que se pode estar ante un suposto moi grave de posible pagos de obras sen executar
Neste senso, o Grupo Provincial do Partido Popular lembra que leva tamén a pleno outra pregunta plenaria en relación a esta obra na que solicitan explicacións sobre o informe técnico interno ao que tiveron acceso os populares no que se reflexa un desfase do 50% entre as unidades de obra certificadas e as realmente executadas na obra de Marco de Álvare-As Rodrigas (Riotorto).
Os populares piden unha resposta rápida para os veciños
Os populares piden a maior premura e axilidade co obxecto de darlles unha resposta frutífera aos veciños de Riotorto que están a espera de que se remate unha obra que fora adxudicada no ano 2007, resolvéndose este primeiro contrato no 2010 por demora da Deputación á hora de levar adiante o procedemento pertinente.
As citadas obras adxudicáranse novamente o 25 de febreiro de 2011, cun prazo de execución de 6 meses, mentres que, tras rescisión contractual debido á situación da empresa, en xunta de goberno de 14 de xuño de 2013, lévase a proposta en relación co expediente tramitado para a contratación da obra “Riotorto-Proxecto modificado nº1 Marco de Alvare –As Rodrigas, terminación”.
Os populares explican que os veciños están a espera de que se remate unha estrada prioritaria para o municipio de Riotorto, por ser a que soporta maior número de tráfico diario e ser o único enlace coa capital lucense.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



