O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA celebrou este sábado 22 de xuño a entrada do verán cun paseo polas Covas de Covas. Os participantes nesta actividade entraron na Cova da Doncela, na punta da Insua e baixaron despois á Cova de San Xoán Vello onde, segundo o cronista Donapetry, estivo a primitiva igrexa de Covas. O colectivo continuará nos vindeiros días recollendo sinaturas para reclamar un carril-bici e programará novas actividades.
