O primeiro festival de voces xoves A Capela, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, rematará este venres, coa actuación do coro da escola municipal de música focense. O acto está programado para as oito e media da tarde na sala Bahía. Esta formación coral formouse no pasado ano 2012 e está dirixida por Felipe Sánchez Fernández, que é profesor de guitarra da Escola Municipal de Música de Foz.
Remate do I Festival A Capela en Foz
Remate do I Festival A Capela en Foz
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón