Dende a Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña e despois de coñecer as últimas noticias que anuncian a inminente aplicación da “quita” e a opción de “canxe” tanto para participacións preferentes como obrigas subordinadas, convoca a unha reunión informativa considerada “moi importante” e que se celebrará o vindeiro domingo 16 de xuño ás seis da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura do Valadouro. Dende a plataforma rexeitan por completo a aplicación das “quitas” porque non se consideran “inversores”, senón “aforradores”. Ademais, piden a continuidade da vía arbitral ata a resolución do 100% dos casos de estafados e lembran que a data límite para presentar as solicitudes de arbitraxe nas Oficinas de Consumo remata o luns 17 e pódense realizar en Xove, Foz, Burela, Ribadeo e Viveiro. Dende a plataforma rogan que os afectados se informen antes de tomar unha decisión polo que convidan a asistir a esta reunión na que abordarán a situación actual, a vía arbitral, quitas/canxe, vía xudicial, accións a levar a cabo como plataforma, ademais de deixar tempo para rogos e preguntas.
Reunión informativa da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas
Reunión informativa da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón