Este sábado 29 de xuño a compañía de Teatro EspacioCrea desenvolve un proxecto para a Asociación de Comerciantes de Viveiro para dinamizar as súas rúas e animar un día de compras. Representarán un ensaio de Cervantes en distintas prazas do Casco Histórico, cunha duración de 35 min aproximadamente cada actuación. Entre medias, animarán as rúas e interactuarán co público facéndoo partícipe e sorprendéndoo en todo momento. Os horarios e lugares das actuacións serán: ás 12h na prlaza de Juan Donapetry, ás 13h e 19:30 h na praza da Fontenova e ás 18 h na Praza Maior. Dende o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro seguen apostando, como o levamos facendo todos estes meses, polo apoio ó comercio tradicional, dinamizando as nosas rúas e ofrecendo a clientes e viandantes un día de compras e ocio. “Porque comprando no noso comercio séguese facendo pobo”.























O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



