Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal de Foz presentan a seguinte moción:
Que ao longo dos últimos anos, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente fixo importantes inversións en actuacións costeiras, paseos marítimos, areas de recreo, zonas verdes……
Que nos últimos anos dende a Demarcación de Costas , se colaboraba cos concellos no mantemento de zonas verdes, limpeza de paseos e limpeza de praias, mediante a empresa pública Tragsa.
Que na actualidade, estamos vendo que por parte do Ministerio non hai ningunha actuación para a colaboración cos concellos costeiros no que se refire a mantemento de infraestruturas construídas polo propio Ministerio, deixando esta difícil tarefa aos concellos.
Que de forma particular no verán os concellos costeiros, ven como cada día é máis difícil poder manter os paseos marítimos, rutas, praias, zonas verdes, moitas condicionadas por bandeira azul, Q de calidade,,accesibilidade…
Por todo isto o grupo municipal de Unifoz, presenta a seguinte MOCIÓN e solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte ACORDO:
Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente,un PLAN ESPECIAL de colaboración cos concellos costeiros que permita poder facer fronte ao mantemento de praias,paseos marítimos, rutas marítimas,zonas verdes…