A praza da Mariña de Burela viviu onte unha animada tarde lúdico-deportiva coa I Xornada de Fútbol Sala na Rúa. A iniciativa da Fundación Imdecum, que contou coa presenza de xogadoras e xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén, reuniu a decenas de nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, que se achegaron ata o centro da vila para gozar de divertidas actividades co fútbol sala como protagonista. O alumnado da ED EON Burela FS tamén se involucrou na xornada, xunto aos seus monitores, para mostrar a metodoloxía de traballo da entidade laranxa.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



