Os pasados días 12, 13 e 14, celebrouse en Vitoria o Campionato de España de Pista ó Aire Libre de Veteranos onde a atleta do C.D. Egovarros-Viveiro, Begoña de Arriba, acadou 3 metais na categoría W-55.
De Arriba viña de gañar o Campionato Galego de 5.000 metros e volveu a demostrar estar ó máis alto nivel acadando estas medallas. Foi na proba de peso onde conseguiu a prata; obtendo, pola súa banda, sendos bronces en 100 e 5.000 metros.
No apartado masculino, o seu compañeiro Victor Sande fíxose co sexto posto na proba de 5.000 metros na categoría de M-45.