Dende que comezou a primeiros do mes de xuño, o Plan de Rebacheo 2013 da Deputación acometeu melloras en 41 concellos nos que as obras se dan por terminadas. Son municipios de toda a xeografía lucense entre os que se atopan tanto a zona da costa, como da montaña, o interior ou a Terra Chá. Deste xeito se acometeron melloras en concellos como Burela, Cervo, Vilalba, Muras, Xermade, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Cospeito, Castroverde, A Pastoriza, Monterroso, Guitiriz, Samos, O Incio, Quiroga, Pantón, Sober ou Bóveda, entre outros. En total, estes municipios suman algo máis de 2.455 quilómetros de estradas provinciais o que ven sendo o 60% da extensión de titularidade da Deputación.
Nesta fase do Plan de Rebacheo as máquinas están a traballar en 4 concellos: Abadín, Begonte, Cervantes e O Saviñao, mentres que en outros 7 as obras aínda non remataron: Trabada, O Corgo, Outeiro de Rei, Lugo, Castro de Rei, Palas de Rei e Becerreá. Entre todos estos concellos suman un total de 871 quilómetros.
Pendente de próxima execución quedan tan só 909 quilómetros daqueles concellos nos que comezarán as obras nos vindeiros días para ter rematado, previsiblemente en agosto. Na derradeira fase do plan de rebacheo se acondicionarán as estradas de 15 concellos que supoñen o 20% da rede provincial. Son os municipios de O Valadouro, Alfoz, Baleira, Baralla, Rábade, Meira, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Friol, Guntín, Taboada, Chantada e Carballedo.
No Plan de Rebacheo 2013 da Deputación participan 50 operarios e 32 máquinas que levan dende xuño traballando para acondicionar as estradas da provincia. Os concellos están organizados por zonas segundo as necesidades de actuación. Os traballos se prolongarán ata agosto para mellorar as comunicacións nos 67 concellos da provincia.
Importante investimento nas estradas
O Plan de Rebacheo da Deputación supón un importante investimento por parte do organismo provincial que inviste nestas actuacións 5 millóns de euros. Hai que ter en conta que a rede viaria provincial é a máis extensa de España cun total de 4.200 quilómetros de estradas.
Outras accións anteriores do organismo provincial permiten o aforro de custes de mantemento. A Deputación empregou en 1.000 quilómetros de estradas aglomerado en quente, material que mantén en boas condicións os viais por máis tempo, o que permite reducir, ano tras ano, a superficie de estradas que é preciso arranxar.
O Plan de Rebacheo é unha actuación importante da Deputación na rede viaria provincial pero non é a única. No afán do organismo provincial por mellorar as comunicacións acometéronse nos últimos anos notorias actuacións como a sinalización e o balizamento das vías dos 67 concellos lucenses. Entre outras actuacións, destacan a colocación de máis de 3.400 sinais, un milleiro de paneis direccionais e 400 balizas de neve. Ademais a Deputación sinalou coa súa denominación mediante fitos quilométricos todas as estradas da rede viaria provincial e instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



