O Ministerio de Sanidade vén de achegar unha serie de documentación para o “Comité Consultivo del Sistema Nacional de Salud”, onde inclúen unha proposta de carteira común básica de servizos asistenciais de reprodución humana asistida. Todos os criterios de acceso requiridos para a inclusión son dirixidos a parellas heterosexuais, excluíndo ás mulleres soas (sexan ou non heterosexuais), e especificando que deben manter 12 meses de relacións sexuais con coito vaxinal (excluíndo por tanto ás mulleres lesbianas, dado que neste caso o feito de que teñan parella non é relevante).
A CIG Saúde e a Secretaría da Muller da central nacionalista consideran que detrás das denegacións subxace unha discriminación por razón de sexo e pola súa opción sexual, polo mero feito de ser muller e carecer de parella (varón), xa que a proposta alude á necesidade de que haxa problemas de fertilidade coa parella masculina, un dato que, en todo caso, formaría parte da vida privada das mulleres, do mesmo xeito que a orientación sexual ou o seu estado civil, a respecto dos cales non teñen porqué dar explicacións.
Para a CIG a proposta vulnera o recollido na propia lei 14/2006 sobre Técnicas de Reprodución Asistida, que recolle no seu enunciado que “toda muller maior de dezaoito anos e con plena capacidade de obrar” poderá recibir tratamentos de fecundación artificial. A lei chega máis alá e sinala que “poderá ser receptora das técnicas reguladas nesta lei con independencia do seu estado civil e orientación sexual”. Neste senso, a lexislación contempla, xa que logo, como un dereito que a muller sen parella masculina poida acceder ás técnicas de reprodución asistida para ter un fillo ou unha filla.
A Secretaría de Muller e a CIG-Saúde denuncian que estamos ante un chanzo máis do PP na súa política ultraconservadora e un novo ataque contra os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, e anuncian que instarán ao Goberno galego a que, a través da Consellaría de Sanidade, vote en contra desta medida no Consello Interterritorial que terá lugar este martes, e manteña o servizo nos termos actuais, deixando dentro do marco competencial galego este servizo, na rede pública, para garantir que todas as mulleres poidan ser nais, se así o desexan.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



