Ribadeo, 29 de xullo de 2013. A fundación La Caixa colabora co Ribadeo Fútbol Club con motivo do seu centenario e a publicidade da entidade financieira xa luceu en lugar preferente no estadio municipal Pepe Barrera durante a celebración da 62ª edición do trofeo Emma Cuervo, que disputaron o CD Lugo e o Sporting de Xixón o pasado sábado. As entradas para o Trofeo do Centenario, que enfrontará ao Deportivo da Coruña e ao Real Oviedo o martes 6 de agosto, xa están á venda en catro establecementos hostaleiros ribadenses.
O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, explicou que “a fundación La Caixa colabora unha vez máis co deporte e nesta ocasión quixo apoiar ao Ribadeo FC con motivo da celebración do 62º trofeo Emma Cuervo e dos actos de conmemoración do centenario do club”. A directora da oficina de La Caixa en Ribadeo, Belén Maradona García, e Víctor López presentaron o soporte publicitario da entidade financieera que foi colocada no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.
As entradas para o Trofeo do Centenario do Ribadeo FC, que disputarán o Deportivo da Coruña e o Real Oviedo o día 6 de agosto ás sete da tarde no estadio municipal ribadense, están xa á venda en catro establecementos hostaleiros de Ribadeo: A Ribeira, Queimada, Cervecería San Roque e El Rincón del Gordo. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos de ata 13 anos pagarán 5 euros.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
