Ribadeo, 16 de xullo de 2013. Dende hoxe a praia das Catedrais, xunto con outros areais do concello ribadense, luce a bandeira azul que lle concedeu Adeac. Este recurso turístico reclamou xa, na primeira quincena de xullo, a atención de máis de 11.500 persoas.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, informou que “despois de ter xa traballando a pleno rendemento a todos os socorristas que temos contratados, ben con apoio da Xunta ou ben outros tantos con fondos municipais propios, no día de hoxe estamos izando as bandeiras azuis que nos foron concedidas nas Catedrais, nas Illas-Castros e en Esteiro, así como tamén o sendeiro azul entre A Illa Pancha e As Aceas que por segundo ano consecutivo recibimos, a parte dese distintivo azul que tamén logrou o Concello de Ribadeo por primeira vez para a súa política medioambiental”. Para o rexedor a bandeira azul “é unha garantía de solvencia, tanto dende o punto de vista medioambiental, da calidade das augas, dos areais, unha garantía dende o punto de vista hixiénico e tamén unha garantía dende o punto de vista o salvamento e dende o socorrismo”.
Sen desmerecer ao resto das praias de Ribadeo, Fernando Suárez destaca “este fenómeno que temos da praia das Catedrais, que é un recurso turístico para A Mariña e para o concello de Ribadeo, á vista destas cifras que me están pasando as rapazas que están no punto de información turística na praia das Catedrais que xa superan as visitas de pedir información ás propias realizadas na oficina de turismo de Ribadeo. Nesta semana pasada aproximadamente viñeron practicamente 2.000 persoas á oficina de turismo de Ribadeo e no punto de información ás Catedrais, que ten moito menos horario de atención ao público, houbo aproximadamente unhas 2.500 peticións de información, que polas estimacións das rapazas que están alí traballando houbo moitos máis miles de persoas que baixaron á praia sen pedir información turística”. En total na primeira quincena de xullo pasaron por As Catedrais máis de 11.500 persoas, segundo os datos que manexa o Concello de Ribadeo.
O alcalde ribadense engadiu que “todo isto significa o esforzo impresionante que temos que facer dende o Concello de Ribadeo, que ben é certo que temos unha achega importante que nos salva a vida da Deputación Provincial de Lugo á hora de costear os custos do persoal de servizos, de información turística, do persoal de limpeza, así como esta obra, estes novos servizos e duchas que queremos facer á volta do verán”.
Suárez Barcia indicou que “a pesar da bandeira azul, da Q de calidade e do recoñecemento da ISO 14001 que ten esta praia, estamos traballando, e dentro de pouco penso que poderemos ter unha proposta xa encima da mesa, seria e solvente, no sentido de perseguir que as administracións competentes declaren a esta praia parque natural. Este areal e este entorno meréceno, dado á afluencia masiva de xente que está vindo, que de algunha maneira temos que regular e regularizar porque senón con tanta bandeira azul, con tanta Q de calidade e con tanta xente isto vai colapsar e vai ser un problema para todos. Temos unha virtude, unha riqueza que se non coordinamos entre as administracións vamos conseguir que haxa unha desfeita e iso é o que non podemos tolerar”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



