Burela, 1 de xullo de 2013. O Concello de Burela vai formar nos próximos meses a 60 persoas que actualmente se atopan en situación de desemprego a través de catro cursos que se van impartir no Centro de Formación Ocupacional. Estes están subvencionados ao cen por cen pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e de Benestar Social.
Mañá, martes, comezarán a impartirse o curso de pintor, que terá unha duración de 678 horas, e o curso de animador turístico, que terá unha duración de 818 horas. Xa o xoves, 4 de xullo, iniciarase o curso de auxiliar de enfermería en xeriatría cun total de 318 horas e “a vindeira semana agardamos que se inicie o de atención especializada para enfermos de alzheimer con 268 horas. Será mañá cando empecemos coa selección do seu alumnado”, explicou José Casas, o concelleiro de Emprego en Burela. Cada curso está dotado de 15 prazas.
Estes catro cursos impartiranse nas antigas dependencias do Centro de Formación Ocupacional que están situadas en Suafonte.
O edil popular lembrou que “o total do investimento, incluídos os gastos do persoal docente, é dicir das persoas que van impartir os cursos, xunto coas becas que van cobrar os alumnos desempregados que asistan, ascende a 254.238,89 euros, que están aportados integramente, ao cen por cen, pola Xunta de Galicia”.
Para José Casas “deste xeito creo que queda, unha vez máis, realzado o compromiso que ten o Concello de Burela de apostar polas actividades de formación cara aos desempregados co obxectivo de facilitarlles a súa inserción laboral”. O Concello de Burela está a apostar por unha formación especializada, “as persoas que acudan a estes cursos van ter unha titulación homologada e ao mesmo tempo van obter o certificado de profesionalidade”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



