Dende fai xa un mes a nova secretaría técnica das Escolas Deportivas de Lourenzá traballa na confección do equipo de 1ª autonómica para a vindeira temporada 2013-2014. Co directivo Óscar González á cabeza e secundado polos capitáns Iván Recalde, Montxo Seivane, Dani Rego e David Cabaleiro serán os encargados de levar a batuta do apartado deportivo do equipo.
Nos vindeiros días anunciarán a incorporación do novo adestrador do equipo co que xa teñen un principio de acordo e faltan por ultimar os últimos detalles. No capítulo de xogadores, está renovada o 75% da plantilla do ano pasado. Continúan un ano máis defendendo a camiseta do Atleti, a día de hoxe, os defensas Lucas, Martín, Javi Chinchón, Brenan, Omar, Roi e Felipe. Os medios Miguel Ángel, Jorge, Iván Recalde, Dani Rego, Garrafín e Montxo así como os dianteiros Fran e Marcos e o porteiro Bugui. Causan baixa de momento Luís Varela, Oli e Emérito; este último por pasarse á disciplina do Tríatlon. Están pendentes de renovación os defensas Israel e Luchi así como o mellor porteiro da pasada temporada na categoría, Rubén.
Altas
As novas altas do equipo, ata o momento, son: Chicho, un home da casa que procede do fútbol sala e que xa participou varias temporadas no equipo e Vinicius, centrocampista procedente do xuvenil.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
