O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, asegurou este martes, na sesión da Deputación Permanente da Cámara, que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa deu “de forma reiterada, ampla, extensa, clara e contundente as explicacións sobre o asunto dos papeis de Bárcenas”.
Así, Barreiro recalcou que, desde principios de ano e en máis de oito ocasións (30 xaneiro, 2, 12, 20, 21 de febreiro, 9 e 17 de abril e 15 de xullo) deu estas explicacións tanto en sede parlamentaria, coma noutros medios públicos, “polo tanto hai hemeroteca máis que suficiente para coñecer a opinión do presidente do Goberno en relación a este tema”.
A petición de comparecencia do presidente do Goberno, por parte de varios grupos parlamentarios, para explicar o financiamento ilegal do PP, segundo versa no texto presentado ante a Cámara por estes Grupos, foi rexeitada con 15 votos a favor e 23 en contra.
Neste punto en concreto, José Manuel Barreiro afirmou que “aquí hai que preguntarse quén falou neste país de financiamento ilegal do PP; xa que, primeiro, “a xustiza non está investigando ó PP, está investigando a un señor que está no cárcere e que non é capaz de explicar de onde lle ven a súa fortuna”; e segundo, “non hai ningunha proba de carácter xudicial, que parta dun xuíz, ou dun fiscal que teña o máis mínimo refrendo xudicial que fale de financiamento ilegal do PP”.
“¿Quén fala polo tanto de financiamento ilegal do PP?” preguntou Barreiro, tralo cal recordou que “é o señor Bárcenas o que está no cárcere, porque un xuíz decidiu que debe ir ó cárcere e é el o que está realmente investigado”.
COALICIÓN DE INTERESES ENTRE RUBALCABA E BÁRCENAS
“¿Cál é o interese que ten o PSOE e moi en particular o señor Rubalcaba en plantealo nestes termos?, volveu preguntar Barreiro. “Aquí, so podo chegar a unha conclusión e é que se formou unha coalición de intereses evidente entre o señor Rubalcaba e o señor Bárcenas”, apostillou.
Así, o portavoz dos populares no Senado recordou que “ninguén, salvo o señor Bárcenas falou de financiamento ilegal, e fíxoo agora, na súa comparecencia ante o xuíz número 11, nas 10 anteriores no falara disto”.
Ó PSOE interésalle que fale diso e súmanse a esta valoración, considera o portavoz popular, quen ademais engadiu que neste punto está a coalición de intereses da que falou. “Dalguna forma, vostedes –en referencia ó PSOE- convertéronse nos representantes do señor Bárcenas nas Cortes Xerais”, remarcou.
Do mesmo modo, o xefe dos populares na Cámara alta aseverou que hai elementos comúns entre Rubalcaba e Bárcenas, “como é a desesperación; a de Bárcenas porque está no cárcere e é incapaz de explicar de onde lle veu o diñeiro; e a de Rubalcaba, porque está nun Partido que non goberna, que non dirixe e que cada día está nunha deriva diferente”.
Así, Barreiro resumiu que o fin do PSOE non é outro que o presidente Rajoy saia do Goberno, “buscar unha vía que as urnas non lle deron para chegar ó Goberno, esa é a auténtica razón, todo o demais son elementos de adorno”.
DEBATE ENTRE MENTIRA E VERDADE
Ó longo da súa intervención, o portavoz do GPP no Senado sinalou que estamos ante un debate entre a mentira e a hipocresía (PSOE e Bárcenas) e a verdade (PP).
“Aquí –explicou- está a verdade dunha persoa dunha honradez acreditada, dun compromiso co país acreditado tamén, porque o refrendaron 11 millóns de españois e que loita por recuperar a credibilidade deste país; que dende o primeiro día que asumiu a responsabilidade de Presidente do Goberno dixo a verdade do que había a todos os españois”.
“É a verdade dun Goberno e un Partido que puxo desde o primeiro momento transparencia total e absoluta sobre as súas contas e sobre os seus membros de dirección”, apostillou con rotundidade.
“¿Alguén coñece a contabilidade do PSOE?”, interpelou novamente o portavoz popular ós socialistas, tralo cal dixo que “aínda seguimos agardando”; xa que nin os socialistas, ni o propio Rubalcaba fixeron públicas as súas contas, cuestión á que se comprometeran en varias ocasións.
Para finalizar, remarcou que a hipocresía do PSOE queda patente nas súas declaracións sobre outras actuacións xudiciais que teñen que ver co PSOE, no que hai imputadas persoas que tiveron altas responsabilidades neste Partido, “onde non só non se da ningún tipo de explicación, senón que se critica e se censura a actuación da xuíza que está levando a cabo o seu traballo”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



