O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza un Curso de preparación para o Celga destinado a toda a cidadanía mariñá.
O obxectivo principal deste curso é informar sobre o Celga, que é e como preparalo, facilitando as ferramentas lingüísticas e coñecementos necesarios para superar as probas que convoca anualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este curso será impartido pola técnico do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, profesora colaboradora da Secretaría Xeral de Política Lingüística e membro dos tribunais Celga. Realizarase en Foz nos meses de verán e terá unha duración de 36 horas. Todas as persoas interesadas poderán anotarse no seu concello ou ben chamando ao número 982 140 675 ou enviando un correo ao enderezo electrónico snlmarinhalucense@hotmail.com.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



