Burela, 16 de xullo de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, asegurou que durante este mes de xullo vai quedar practicamente iniciado o proceso para que o Concello poida recibir as obras da unidade de actuación de Torrentes.
O rexedor subliñou que “hai dúas cuestións, unha delas vinculada coa outra. En primeiro lugar, o Concello ten que aprobar a última certificación de obra por un importe de aproximadamente 30.000 euros, paso previo a que en segundo lugar, xa se reciba a obra con carácter, en principio, provisional”.
González Barcia explicou hoxe que “no que se refire á aprobación desa certificación de obra, convén dicir que en días pasados se aprobou un expediente de modificación de créditos por importe precisamente de aproximadamente 30.000 euros para ter consignación orzamentaria para poder aprobar esa última certificación de obra. O paso seguinte, tendo en conta que a factura é do ano pasado, será levar ó próximo pleno un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por ese mesmo importe para poder abonar esa factura e polo tanto poder aprobar a certificación de obra”.
O alcalde burelés engadiu que “a partires de aí, o Concello xa pode iniciar os trámites para recibir a obra. Este é un proceso que foi un pouco largo, nosoutros contábamos poder recibila fai tempo, pero o rexistro leva uns trámites moi lentos e a pesares de que houbo moi boa relación entre o rexistro e o Concello, a documentación ás veces non reunía todas as condicións, ás veces faltaban datos, houbo que refacer algunha que outra separata. Todo iso levounos a algún retraso que en principio tampouco é achacable a nosoutros por unha sinxela razón, eu quero recordar que as obras de urbanización da unidade de actuación de Torrentes foron adxudicadas na miña época de alcalde, en concreto na etapa anterior, en abril do ano 2007 e tiñan o prazo de execución dun ano. Cando nós chegamos de novo ó Concello no ano 2011 as obras estaban a medio facer e con algún que outro problema na tramitación administrativa”.
José Mª González Barcia sinalou que “agora si estamos en condicións de dicir que os trámites para que a unidade de actuación poida abrirse para uso e goce de tódolos cidadáns e para que os propietarios das fincas poidan facer con elas o que estimen oportuno agora si, como dicía, ese proceso se abre, se inicia, e vamos confiar en que se peche o máis rapidamente posible”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



