O xogo coeducativo Trivial Feminista, un proxecto impulsado e creado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración con dez IES da Mariña de Lugo, non deixa de sorprender. Dende a súa presentación, o pasado mes de abril, xa se distribuíron máis da metade dos Trivials Feministas editados e o Observatorio foi convidado a presentalo en diversas xornadas de mulleres, como as organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en Pontevedra no mes de maio.
Nesta primeira semana de xullo o Observatorio presentará o Trivial Feminista en Burela e Cangas do Morrazo. A presentación de Burela está enmarcada no curso de verán Facendo a ciencia accesible desde a divulgación, un foro de formación, reflexión e debate arredor de diferentes temas científicos de actualidade, abordados todos eles cun enfoque divulgativo. O curso de verán, organizado polo IES Monte Castelo e a Universidade de Coruña, terá lugar o 3 e 4 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Burela. A presentación Trivial Feminista, as mulleres científicas na aula, será o xoves 4 ás 16:00h e intervirán Ana Méndez-Iragorri, técnica do Observatorio, e Inés García Seijo, profesora de Física e Química no IES Monte Castelo.
Na fin de semana o Observatorio desprazarase ao sur de Galiza convidado ás XIII Xornadas Mulleres en Acción, enmarcadas na 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF) de Cangas do Morrazo, que teñen por obxectivo a divulgación de proxectos, espectáculos, ideas, noticias e todo aquilo que favoreza a coeducación e a visibilidade das mulleres. O sábado 6 de xullo, ás 18.30h na Sala de Exposicións do Auditorio de Cangas, o Observatorio presentará o Trivial Feminista nunha mesa redonda na que a Libraría Lila de Lilith de Compostela e as Maribolheras Precarias tamén presentarán os seus proxectos.
O domingo día 7 ás 22.30h no Auditorio Municipal de Cangas, na clausura da 30 MITCF, o Observatorio terá a honra de recoller o II Premio Mulleres en Acción por impulsar e crear o xogo coeducativo Trivial Feminista. Un premio que o Observatorio recibe abraiado – o ano pasado, na súa primeira edición, foi outorgado a unha histórica do feminismo galego como é María Xosé Queizán – e emocionado, pois supón un enorme recoñecemento a nivel galego ao traballo dunha pequena asociación feminista que conta con tan só 5 anos de andaina e que ten como ámbito de actuación a Mariña de Lugo.
Recordar que o xogo coeducativo Trivial Feminista ten por obxectivo visibilizar e pór en valor as achegas e logros das mulleres de distintos recantos do planeta e de distintos períodos históricos. Conta con 1000 preguntas sobre mulleres (200 de Ciencias, 200 de Xeografía e Historia, 200 de Arte e Literatura, 200 de Deportes e 200 de Cultura e Espectáculos) e na súa elaboración participou alumnado de secundaria dos IES de Alfoz, IES de Foz, IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela, IES Dionisio Gamallo Fierros e IES Porta da Auga de Ribadeo, IES Marqués de Sargadelos de Cervo, IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Vilar Ponte de Viveiro e IES Illa de Sarón de Xove. Un total de 10 dos 12 IES da Mariña.
O Trivial Feminista ten un custe de 40 euros (35 para soci@s do Observatorio) e pódese adquirir poñéndose en contacto co Observatorio a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



