Celebrouse no IES Perdouro de Burela o festival de fin de curso levado a cabo por Miruca Parga, a coordinadora do equipo de dinamización lingüística coa colaboración do alumnado de 3º de ESO e 3º PDC. As actividades consistiron na presentación da revista Maruxía, a entrega de premios do concurso de relatos e imaxes da A. C. Os Matos, a proxección de videopoemas e a representación de obras de títeres. Logo da presentación da revista escolar Maruxía e da entrega de premios, a actividade de espectáculo inicouse coa proxección e recital de videopoemas elaborados polos propios rapaces de 3º PDC sobre Rosalía de Castro co gallo de celebrar o 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”. E a continuación, representaronse tres das obras de monicreques escritas e postas en escena polo alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Durante este curso escolar desevolveuse neste centro de ensino un proxecto interdisciplinar no que os departamentos de Educación Plástica, Lingua galega, Tecnoloxía e Música se coordinaron para pór en marcha varias obras protagonizadas por monicreques. As representacións finais resultaron un éxito, o que non sería posible sen a inestimable axuda de Ton Arenas, principal responsable da compañía Mircromina Teatro de títeres, que aportou os seus coñecementos sobre a elaboración dos bonecos, a construción da estrutura do escenario, a redacción de guións dramáticos e a divertida posta en escena das obras de monicreques.
Os docentes manifestáronlle o seu agradecemento a Ton por contribuír ao nacemento dunha canteira de titiriteiros na Mariña e os rapaces expresaron a súa satisfacción por participar nunha actividade tan amena.




















A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



