O Valadouro, 5 de xullo de 2013.- A casa da cultura de O Valadouro acolleu esta tarde o congreso local dos populares. Unha cita congresual na que José Manuel Lamela, ex alcalde deste concello, obtivo o apoio unánime dos afiliados e militantes para continuar exercendo a Presidencia do Partido Popular.
O reelixido presidente tamén deu conta do equipo de persoas que lle acompañarán no comité local, entre os que figuran, como importante novidade, o presidente de honra: Eulogio Fernández e os vicepresidentes honorarios: Ramón Cao e Antonio Lourenzo.
Como secretaria da dirección local dos populares do Valadouro foi nomeada Margarita Fernániosez; tesoureiro, Promencio Cuba; vocais: Cesáreo Seara, Eva Daura, Teresa Galdo, José Souto, Julio Expósito, José Manuel Paleo, Gimes Cao, Cándido Rodríguez e Edgar Cao.
Lamela estivo respaldado polo presidente provincial dos populares lucenses e Portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro e polo secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, ademais doutros cargos públicos electos.
Comezou José Manuel Barreiro a súa intervención destacando a labor do presidente, e lembrou o acontecemento inédito que tivo lugar fai pouco máis dun mes neste concello, cando un insólito pacto económico entre o partido socialista e os independentes de UDIVAL, co apoio do BNG, serviu para desbancar da alcaldía a Lamela.
“Deron por bo que a gobernabilidade do Valadouro teña un prezo. Converteuse a alcaldía nunha transacción mercantil: quen rompa o pato paga 100.000 euros”- lembrou Barreiro quen “tachou de mercader político a Besteiro por autorizar estes amaños”
Dixo tamén que si tan estupendo é este proceder, terán que explicar como algo máis de 30 días despois de asinar ese documento aínda segue a ser un gran segredo, cuxo contido íntegro se agocha ao coñecemento dos veciños.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
José Manuel Lamela naceu en O Valadouro en 1953. É un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal. Dende o ano 1999 é concelleiro polo PPdeG nesta localidade.
Mestre Industrial, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista da formación política máis votada, responsabilidade que exerceu ata que tivo lugar a moción de censura
REUNIÓN CON CONCELLEIROS DA MARIÑA
Con carácter previo á celebración da congreso local do Valadouro, Jose Manuel Barreiro presidiu unha xuntanza con alcaldes, presidentes locais, portavoces e concelleiros do Partido Popular da Mariña. Trátase dun encontro territorial, no que tamén participou o secretario xeral José Manuel Balseiro e o coordinador da zona, José María González Barcia, que sirve como reunión para coñecer de primeira man as principais inquedanzas da comarca e os principais retos a executar. Tamén serviu para abordar diversos asuntos de actualidade.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



