O Valadouro, 27 xullo de 2013.- O Partido Popular do Valadouro, a través do seu voceiro local, José Manuel Lamela, levou este venres a pleno, vía urxencia unha moción na que instaba ao equipo de goberno do concello –PSOE e Udival–, a manter durante 2013 a cantidade económica de 3.000 euros que se viña concedendo a Apreval, para o desenvolvemento das súas actividades, que poñen en valor o mundo do cabalo, de referencia para o Valadouro.
Segundo explicou Lamela, durante o transcurso da sesión celebrada o 26 de xullo o equipo de goberno non se comprometeu a manter esta axuda na contía do ano pasado e de feito -matizou o popular- a concelleira de Udival, quen dixo que era a súa competencia porque leva a área de cultura, falou en todo momento de 1.500 euros, o que suporía un recorte do 50%. Porén, a edil non tivo máis remedio que dar a razón a Lamela cando explicou que o PP nas anualidades anteriores subvencionaba dúas actividades de Apreval, precisamente por importe de 3.000 euros.
O BNG non quixo votar a favor da urxencia desta proposta, co que impediu o seu debate en sesión plenaria para que a administración municipal continuara co apoio a Apreval.
O popular, José Manuel Lamela, explicou que a urxencia desta iniciativa motivábase ao ter coñecemento recente de informacións vertidas polo equipo de goberno e que poñían en perigo a cantidade recibida en anualidades pasadas por parte desta asociación do mundo do cabalo.
Os populares non entende esta actitude
Neste senso, os populares tacharon de “inconcibible” este feito, ao tratarse dun ente que destaca por executar proxectos que chegan a ter relevancia autonómica e máis tendo en conta que a partida na que se enmarca esta axuda viuse incrementada nos novos orzamentos municipais
Así, o Partido Popular do Valadouro, a través de José Manuel Lamela, quere agradecer o traballo “serio” que leva feito esta asociación, que destaca “polo seu rigor e seriedade”, e que deu incluso lugar a proxectos, en colaboración con outras administracións, para instalar no Valadouro unha pista de andadura.
Desacordos durante o primeiro pleno
Por último, o Partido Popular do Valadouro puxo de relevo os desacordos do tripartito –PSOE, Udival e BNG– no primeiro pleno ordinario celebrado o venres 26 de xullo. O BNG non quixo votar favorablemente ás propostas do equipo de goberno, entre as que se atopaba a aprobación inicial da ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, que actualiza as súas contías.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



