Lugo, 5 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, visitou na sala de exposicións do Pazo de San Marcos aos artistas participantes no programa Estudio Aberto, unha iniciativa que se organiza dentro do proxecto Enredarte e que enmarca conceptos como a experiencia, a visibilidade e o compendio crear-compartir-participar. Nesta primeira quenda das dúas residencias artísticas, 6 artistas levan convivindo esta semana nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Desta maneira tamén o público se puido achegar, incluso os nenos e nenas do Club Pequeamigos da Rede Museística colaboraron con Senén Olano na súa obra artística esta mesma mañá.
Reme Remedios, Senén Olano, Ruth Montiel, Gema López, Isabel Alonso e Lomarti son os artistas que fan parte da primeira Residencia Artística. Para acadar un proceso enriquecedor, tanto para artistas como para público, fíxose unha selección de artistas totalmente heteroxénea en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo, de maneira que vídeo, pintura, instalación, escultura, performance, debuxo, deseño e fotografía compartindo espazo, xerando sinerxias e colaboración.
Desta maneira, Mario Outeiro visitou as creacións con lá que Reme Remedios desenvolvía, e nas que tamén estivo axudada polos nenos e nenas do Club Pequeamigos, ou como Gema López realizaba a súa pintura a través de fotografía. Mario Outeiro tamén se achegou á pintura e escultura de Lomarti e ao debuxo en continuo na montaxe de 20 metros de Senén Olano, na que tamén participaron os nenos e nenas, así como ás montaxe de Isabel Alonso e Ruth Montiel.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo expresou a súa satisfacción por ver en marcha “un proxecto que nos sitúa nun punto de diálogo coa arte que nos achega a ela xa que vemos desde dentro o propio proceso de creación e podemos mesmo preguntar ou debater cos artistas sobre a súa concepción e, incluso nalgúns casos, chegar a contribuír a ela”.
Xunta de Goberno
Polo que respecta aos asuntos da Xunta de Goberno aprobados este venres, Mario Outeiro explicou que se aprobou o estabelecemento do prezo público do libro-catálogo sobre a exposición “Entre Marbella e Torremolinos”, e que quedou fixado en 10 euros, e tamén se aprobou da mesma maneira o prezo dos cursos da parte formativa de Buxiganga, que será presentada o luns. Os prezos mantéñense coma o ano pasado para ser accesíbeis a todas as persoas: 10 euros para membros de grupos participantes en Buxiganga e 20 euros para público xeral.
Ademais, Mario Outeiro fixo unha valoración moi positiva das actividades dentro de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación que comezaron esta mesma semana e que se prolongarán todo o mes de xullo e as dúas primeiras semanas de agosto.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



