A XIII Popular de Medal (Coaña) foi o escenario dunha nova exhibición das Escolas de Lourenzá e Mondoñedo onde Ana Vallines (actual campioa galega de 2000) con 9 anos entrou na meta da carreira absoluta (6 quilómetros) como atleta mellor clasificada de todas as categorías femininas cun tempo de 26 minutos 15 segundos.
Ademais, os restos de pódiums con trofeo foron para:
-Iniciación Masculina: Manuel Rodríguez (prata) e Fernando Vallines(bronce).
-Benxamín Feminina: Ainara Rguez (ouro) e Ana Vallines (bronce).
-Alevín Feminina: Lidia Barreira (prata).
-Alevín Maculina: Ilyass Khaled (ouro) e Adnan Itrih (bronce.
-Infantil Feminina: Xana Rguez (prata) e Zhora Itrih (bronce).
-Infantil Masculina: Aarón Rivas(ouro).