Lugo, 31 de xullo de 2013.- O Partido Popular valora co seu servizo xurídico a posibilidade de dar traslado á Xustiza dos feitos acontecidos co nomeamento da Xoán Estúa logo que durante o Pleno provincial que tivo lugar no día de onte o bipartito da Deputación vírase na obriga de recoñecer “non un erro, senón un feito, que este señor percibía un soldo por estar adscrito a unha área de goberno pero traballaba na sede do BNG de Foz”
Pese ao intento de PSOE e BNG por restar importancia e gravidade destes feitos, atribuíndoos a un erro na publicación do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia –un erro que tardaron dous anos en corrixir-, a realidade é que ningún destes grupos aceptou reintegrar os salarios “indebidamente percibidos por este traballador”, tal e como así llo esixían os populares a través da moción plenaria
SITUACIÓN FRAUDULENTA
Insisten en cualificar estes feitos como de “fraude político co diñeiro dos lucenses” xa que está máis que comprobado que Xoán Antón Estúa estivo realizando labores políticas en Foz, mentres estaba percibindo un salario por estar adscrito a unha área de goberno do ente provincial, concretamente a de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico.
NAS INSTALACIÓNS DA DEPUTACIÓN
Os populares aclaran tamén que aínda que esta persoa estivese nomeada como traballador do Grupo Provincial do BNG e non da área de Goberno –tese que defenden desde a Deputación, a pesar do contido do BOP-, debería estar a traballar como mínimo na súa xornada laboral, nas instalacións que esta formación política ten na Deputación de Lugo e non na sede do BNG en Foz, ou participando nas manifestacións que convocan na Mariña, a case un cento de quilómetros de distancia.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



