O colectivo de desempregadas e desempregados de Ribadeo ‘O Formigueiro’ seguirá ofrecendo a partir de mañá xoves día 1 de agosto e durante todas as tardes dos xoves do mes de agosto as xornadas de portas abertas que similares ás que con tanto éxito se convocaron os últimos dous venres do mes de xullo. Nas mesmas daranse a coñecer os diferentes proxectos en funcionamento e os previstos, as instalacións e invitarase a participar nos traballos máis urxentes na horta ecolóxica que o colectivo mantén na Casa do Obispo de Vilaselán. Posteriormente procederase á emisión dun documental ou película a concretar sobre temas medioambientais ou de economía alternativa. Estes precederán á cea-debate na que os visitantes poderán recuperarse do esforzo realizado deleitándose cos produtos da propia horta que eles mesmos recollan e cociñen (sempre que así o desexen) colaborando coas persoas integrantes de ‘O Formigueiro’.
‘Xornadas de portas abertas’ en Ribadeo no mes de agosto
‘Xornadas de portas abertas’ en Ribadeo no mes de agosto
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón