Os xogadores, do C.D.Foz cadete Xosé, Asier, Gonzalo e Antón Eijo, ficharon esta tempada polo C.D.Lugo onde xogaran en compiticións superiores, a categoría Autonómica Provincial, na que se atopa o club focense, e que é o actual campion de liga.
Así Xosé, Asier e Gonzalo xogaran en categoría cadete en División de Honra, e Antón Eijo na categoría cadete na Autonómica Galega.
Os catro xogadores atópanse moi contentos por este gran salto no aspecto deportivo e xa están adestrando dende o día 5 na capital luguesa, as ordes de Antonio Gómez, adestrador do equipo de división de honra.
Desexámoslle os catro futbolistas moita sorte na nova singladura, esperando que poidan seguir progresando deportivamente .