Regal Xunqueira organiza un curso de iniciación á elaboración de cervexa artesanal gratuíto que se desenvolverá en tres clases teóricas (durante un período total de tres semanas debido ao proceso biotecnológico implicado) de catro horas cada unha (de 09:00 horas a 14:00 horas) onde se combinarán a explicación dos contidos teóricos coa realización de sesións prácticas. Durante o curso facilitarase o equipo e os ingredientes necesarios para a elaboración da cervexa, ademais dun dossier con apuntes específicos de todos os temas tratados, cervezas a catar e un diploma acreditativo. A primeira clase desenvolverase o sábado 17 de agosto e a seguinte no mes de setembro. O teléfono de contacto para os interesados é o 982 562 589.
Curso de elaboración de cervexa artesanal en Regal Xunqueira
Curso de elaboración de cervexa artesanal en Regal Xunqueira
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón