Este sábado 3 de agosto na Festa dos Chóferes de Alfoz, Manuel Lourenzo (autor do obra de teatro As luces do Caselo) e Lionel Rexes (autor do estudo etnográfico Ditos e refráns do Valadouro) estiveron asinando exemplares destes dous primeiros Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro ás persoas que os adquiriron durante a sesión vermú. O vindeiro día 17 Manuel Lourenzo será o pregoeiro da Feira do Libro de Foz e o 19 ás 20:00 h. realizarase unha presentación pública dos cadernos no devandito evento. As publicacións do SEVA están a venda no Bar Rodolfo e o Castelo de Castrodouro (Alfoz), Estanco da Praza e Libraría Marta (Ferreira) e Libraría Bahía (Foz).
