O espectáculo ‘Onde está o Mago Antón?’ chega a Ribadeo o martes 6 de agosto ás 21:00 horas. Os interesados en achegarse a coñecer a maxia máis de preto poden achegarse ó Teatro de xeito gratuíto. E o mércores 7 de agosto, volve proxectarse en Ribadeo a premiada película de animación en 3D dirixida por Fernando Cortizo ‘O Apóstolo’ coas voces de Luís Tosar, Paul Naschy, Manuel Oliveira “Pico”, Carlos Blanco ou Geraldine Chaplin. Será ás 21:30 horas no Teatro cun prezo de entrada de 2 euros.
Maxia e cinema de animación no Teatro de Ribadeo
Maxia e cinema de animación no Teatro de Ribadeo
Relacionado
-
Éxito do campus de baloncesto Sublime, que se está a desenvolver estes días en Ribadeo
-
O Espazo Cultural El Liceo, de Navia, acolle este verán dúas destacadas exposicións que ofrecen ao público unha experiencia artística única, baseada na exploración da luz, a escuridade e a materia transformada
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez