Na AAVV O Tesón estanse a recibir mostras de agrado pola publicación do cartafol de cartas da ría de Ribadeo dende o mesmo día da presentación. Os comentarios van dende o recoñecemento da necesidade da publicación dunha documentación histórica así á valoración do coidado na edición, pasando pola xente que, ademais, ofrece material complementario -de diversos tipos, mesmo de orixe máis antiga, e tendo en mente ou non unha publicación futura- ou persoas que anuncian a súa intención de encadrar varias das láminas publicadas. O cartafol, a disposición nas librerías e quioscos de prensa da vila, está acadando un éxito de compras considerable, tendo que subministrar xa máis exemplares a máis dunha tenda e motivando ás veces a pregunta de se vai a reeditarse (algo que polo momento non se contempla). O público obxectivo resulta ser non só os ribadenses na procura dun anaco da historia da ría, senón como corresponde, tamén persoas da parte asturiana, ademais de forasteiros, con razóns de compra máis diversificadas.
O cartafol ‘ría de Ribadeo’, un éxito
O cartafol ‘ría de Ribadeo’, un éxito
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional