A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o XXIX Festival Coral Popular que se desenvolverá o sábado 10 de agosto ás 21:00 horas na Praza Maior, co patrocinio do Concello de Viveiro.
Este ano o Festival contará coa presenza da Coral de Ortigueira, a Polifónica Piloñesa e a Coral San Martín de Sotrondio, ademais da anfitrioa.
A primeira, dirixida por Carlos Caramés, interpretará Fortuna plango/ Circa mea pectora, de Carl Orff (1895-1982); Chiquilín de Bachín, de Astor Piazzolla (1921-1992); La Viajera, G ( 1525-1594) e Memorias de una vieja canción, de H. Guaraní (1912-2002).
Pola súa banda, a Coral Polifónica Piloñesa, dirixida por Patricia Miriam Martínez Iglesias, achegará outros catro temas ó Festival: Cantares, de Juan Manuel Serrat e Liliana Cangiano; Locuras, de Silvio Rodríguez; María La Portuguesa, de Carlos Cano e José L. Blasco e Suite Veraniega, de José Bernardo Álvarez.
A Coral San Martín de Sotrondio, dirixida por Justo Manuel González Antuña, traerá a Viveiro dúas pezas de Sergio Domingo En Somio e Maritu; ademais de La Xana, de Pepín de Pria e un Pupurri Asturiano.
O repertorio que ofrecerá a Coral Polifónica Alborada de Viveiro neste festival estará composto por: Piel Canela, de Bobby Capo; Soidades, de Rey Rivero; Sin Ti, de Pepe Guizar e J.L. Blasco e Oh Happy Day, Arm. Roberto Grassi.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



