En relación coas manifestacións recollidas nese medio por parte do portavoz do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, o Grupo de Goberno do Concello de Riotorto quere manifestar o seguinte:
1º Non imos aceptar leccións de democracia nin de defensa do dereito á vida por parte dun partido que a día de hoxe aínda non foi capaz de condenar o golpe fascista do 36 que provocou un millón de mortos e unha ditadura que durou 40 anos. A este respecto descoñecemos si o PP de Riotorto avala as recentes declaracións dun membro do seu partido xustificando eses asesinatos.
2º Estamos diante dunha cortina de fume do PP para ocultar o que de verdade preocupa ós veciños de Riotorto, ós galegos e galegas: o empobrecemento social, o roubo e o espolio ás maiorías sociais e ao país e a corrupción xeneralizada dun sistema político e económico podrecido por dentro.
En Galicia non temos ningún problema de terrorismo, como é sabido. Mais temos moitas outras cousas: desemprego, peche de empresas, aumento da pobreza, recorte de dereitos, emigración xuvenil, persoas estafadas pola banca,… Tamén casos de corrupción masiva, como na Deputación de Ourense ou no Concello de Santiago. E un presidente da Xunta con mala memoria e peores amizades que, cando era alto cargo, facía viaxes de pracer e andaba de marcha en festas privadas nos iates do narco.
3º A violencia que si existe no noso País é a das políticas da UE e do Partido Popular, que están a empobrecer socialmente e a desertizar economicamente o noso país.
Violencia é que te estafen e che rouben os aforros dunha vida con produtos como as preferentes e subordinadas. Violencia é quedar na rúa por causa dunha banca gangsteril que, despois de especular masivamente e ser rescatada con diñeiro público, executa agora desafiuzamentos. Violencia é non poder seguir a estudar por non ter diñeiro para pagar a matrícula universitaria. Violencia é ter que marchar da Galiza para buscar un futuro que aquí se che nega. Violencia é pasar toda a vida traballando para que agora che recorten unha pensión xa de por si escasa. Violencia é desesperar na procura de crédito para seguir adiante co negocio, co comercio ou coa empresa, perfectamente viábel se o diñeiro que vai para os bancos se destinase a garantir financiamento ás pemes, autónomos e familias. Violencia é que desde Europa se che negue a posibilidade de producir e de crear riqueza e emprego nos sectores básicos da túa economía. Violencia é recortar en saúde, en educación, en igualdade, en dependencia…, mentres que os que recortan recibiron e reciben sobresoldos millonarios e serán premiados no futuro con postos nas grandes entidades e empresas a que hoxe benefician coas súas decisións.
Todo iso é violencia, mais esta violencia non lle preocupa ao Partido Popular, que xa decidiu de que lado está: a prol dos culpábeis da crise e ocupado en facer pagar a factura xustamente ás vítimas, as maiorías sociais.
4º O Partido Popular busca criminalizar a protesta social e intimidar a cidadanía máis consciente, crítica e activa contra as súas políticas. Neste sentido xa sabemos cal é estratexia do PP: a criminalización de toda protesta social. “Todo es ETA”: as plataformas de afectad@s pola estafa das preferentes, a plataforma Stop Desafiuzamentos, as plataformas de defensa da sanidade e da educación públicas, as forzas políticas da oposición… Búscase silenciar e deslexitimar as persoas, colectivos, movementos sociais e formacións políticas que están a facer fronte, na rúa e nas institucións, ás políticas antisociais impostas polo PP. Esa é a forma que ten o Partido Popular de entender a democracia
5º Nun pobo no que nos coñecemos todos é innecesario explicar que o grupo de goberno do Concello de Riotorto está integrado por persoas e organizacións democráticas e pacifistas contrarios a calquera tipo de acto ou estratexia política de carácter violento.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



