Cervo, 3 de agosto de 2013.- O Pleno da Corporación Municipal de Cervo debaterá, a proposta do Partido Popular, a petición para que o BNG devolva os salarios que indebidamente percibiu Xoán Antón Estúa da Deputación provincial, tras realizar funcións distintas daquelas para as que foi contratado.
Os populares formulan esta petición despois de que desde o propio Executivo provincial se viran na obriga de recoñecer esta irregularidade, que era un feito público e notorio: que esta persoa realizaba labores estritamente partidistas para o BNG, desde a sede que a formación nacionalista ten en Foz, mentres recibía un salario da administración provincial para tarefas exclusivamente de goberno.
O PP considera imprescindible a devolución deste soldo porque os feitos descritos supoñen unha situación de evidente fraude político co diñeiro dos lucenses, así como a perversión dun sistema que confunde labores institucionais coas orgánicas e partidistas.
O 23 de agosto de 2011o BOP de Lugo publicaba o nomeamento de Xoán Antón Estua como persoal de carácter eventual, na categoría profesional de administrativo, adscrito a área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico. Logo das denuncias do PP, con dous anos de atraso (BOP do 11 de xullo de 2013) a Deputación rectificaba e adscribía a este traballador ao BNG, aínda que continuaba sen prestar os seus servizos nas oficinas provincias