Cervo, 3 de agosto de 2013.- O departamento de Emprego, que dirixe Yolanda Pedreira, informa de que esta semana dous novos mozos cervenses iniciaron as súas prácticas a través do Plan de Fomento do Emprego Xuvenil. Uns titulados que se benefician deste xeito das bolsas formativas remuneradas dirixidas á mocidade de Cervo con estudos universitarios ou de FP.
Con eles son xa seis os mozos e mozas que realizan tarefas en prácticas nas dependencias municipais e en empresas a través deste plan pioneiro de apoio á xuventude formada de Cervo. Foi hai un mes cando os primeiros bolseiros comezaron as súas prácticas, dous deles vinculados ao departamento de Deportes do Concello, outro ao departamento de Medio Ambiente e o cuarto na planta de Alrogal.
Neste caso, trátase dun titulado de FP en sistemas microinformáticos e redes adscrito ao departamento de Informática do Concello e unha titulada de FP en administración e finanzas que desenvolve as súas tarefas en Fidel Electricidad. Así, en total, son catro os bolseiros vinculados a servizos e departamentos municipais e outros dous a empresas privadas.
Cabe destacar que dende a Concellería de Emprego estase velando porque as prácticas dos titulados sexan de utilidade para a súa posterior incorporación ao mercado laboral e lles permitan ter experiencias reais relacionadas coa súa formación.
Ao mesmo tempo, o departamento lembra que a intención do Concello é ofrecer prácticas a todos os mozos e mozas cervenses que cumpran os requisitos esixidos por FEUGA, que é a entidade promotora mentres o Concello funciona como entidade colaboradora financiando as bolsas. En concreto, a administración local asume os pagamentos ao 100% cando se trata de bolseiros que realizan tarefas en dependencias municipais. No caso das prácticas en empresas, o Concello achega o 50% da remuneración e entidade privada o 50% restante. Este ano, a administración cervense ten previsto investir 35.000 euros neste plan, e xa traballa para incluír nos orzamentos do ano que vén unha partida para darlle continuidade.
Dende o Concello lembran os requisitos para optar ás bolsas formativas fixados por FEUGA, como son ser titulado universitario ou de FP do sistema público educativo de Galicia, empadroado en Cervo, menor de 30 anos no caso de titulados de FP e menores de 31 no caso de persoas con estudos universitarios. Ao mesmo tempo, non poderán ter pasado menos de 3 anos dende a obtención do título e non poderán ter desempeñado un traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



