Riotorto- 28 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Riotorto quere a residencia para Riotorto e non permitirá máis mentiras. Así de contundentes o puxeron de manifesto dende a agrupación municipal e para o cumprimento deste obxecto están a poñer en marcha unha serie de accións dirixidas a que o municipio poda contar coa citada infraestrutura.
Ademais de anunciar a celebración do pleno extraordinario para o venres, 30 de agosto, ás 12:00 horas, os populares tamén repartirán un díptico informativo polas casas no que se recolle a “verdade amparada en documentación obxectiva” sobre os motivos que provocaron que hoxe non teña garantida unha residencia para o municipio.
Dende o PP local aseguran que os veciños non se merecen tantas mentiras e “teñen o dereito de coñecer a verdade”, ao tempo que lle achacan a Federico Gutiérrez a súa actitude e lle reproban que “nos bares non se realizan as xestións, nin se conseguen infraestruturas para o municipio”.
“Riotorto non se pode permitir o luxo de perder esta infraestrutura tan demandada e necesaria para o noso municipio”, polo que, matizan os populares, levaremos a cabo tantas xestións sexan posibles para que o financiamento aportado pola Deputación “chegue ao seu destino e se converta nunha residencia e nun centro de día para a localidade”.
Estaremos ante un proceso no que imperan actitudes caciquís ou por beneficiar a algún amigo?
“Estaremos ante un proceso no que imperan actitudes caciquís ou por beneficiar a algún amigo?” , pregúntanse os populares no seu díptico informativo despois de analizar a evolución da xestión do rexedor do alcalde en relación coa adquisición dos terreos.
No pleno de febreiro de 2011, ratifícase o expediente para a compra da parcela onde se asentaría a residencia. O PP pregúntase polo motivo que levou ao rexedor local a tentar adquirir uns terreos que non cumprían cos requisitos, a maiores de denunciar que se lle negase acceso ao expediente de compra das parcelas.
Que se ocultaba?”, reiteran os populares, ao caso “terían os expedientes informes negativos?”, matizan. “O que está claro e que a día de hoxe se devolveu o préstamo para a compra destes terreos”, explican os populares, feito que pon de manifesto que o rexedor local “non está a traballar para que o municipio conte con esta infraestrutura e non perda a dotación orzamentaria destinada a tal fin”.
Evolución da xestión chea de mentiras
“Os veciños non se merecen tantas mentiras por parte dun rexedor municipal”, así o expoñen os populares que explican que o préstamo para a adquisición dos terreos da residencia se concerta en abril de 2010, e un mes despois Federico Gutiérrez anuncia que o Concello proxecto con capital público e privado un xeriátrico que crearía 30 empregos –despois reducen xa de 11 a 15 esta creación de emprego-.
Ante esto, os populares explican que primeiro se trataba dun proxecto con participación privada e posteriormente o propio rexedor manifestou que sería a Deputación a encargada de construír e xestionar a Residencia, iniciándose o expediente de adquisición dos terreos en novembro de 2010.
Xa na Feira do Ferro do ano 2012, o alcalde aseguraba que o concello xa tiña adquiridos os terreos, sen embargo en agosto de 2013, os medios de comunicación recollen que Riotorto renuncia a residencia, asemade aprobase a devolución do préstamo contratado para adquirir os terreos que non se chegaron a comprar, e que xa xerou uns intereses.
A situación é que a día de hoxe, Riotorto non dispón dunha residencia que suporía un investimento de 1.400.000 euros e que crearía postos de traballo, dando servizo aos máis necesitados, polo que os populares se preguntan se estará este investimento pactado con outro concello.
Celebración pleno extraordinario
Os populares solicitaron formalmente a convocatoria dun pleno extraordinario para evitar que o equipo de goberno local renuncie á construcción da residencia da terceira idade e centro de día no municipio, que se celebrará o próximo venres, 30 de agosto, ás 12.:00 horas.
Federico Gutiérrez xunto ao resto dos concelleiro nacionalistas e socialistas do equipo de goberno, teñen na súa man este venres demostrar que están a favor do investimento votando favorablemente á petición formulada polo Grupo Municipal Popular, isto é, realizar as xestión que sexan oportunas para manter, impulsar e executar o proxecto de apertura dunha residencia para persoas maiores en Riotorto.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



