O PP de Viveiro presenta varios rogos ao Pleno do mes de agosto:
1. Facéndonos eco de varios veciños de Viveiro, principalmente da zona da Plaza Juan Donapetry, quen poñen de manifesto a falta dun indicador de subida á Ermita e Mirador de San Roque que por motivo de obras no antigo restaurante Serra foi retirado, o que provoca que os visitantes se desconcerten e teñen que preguntar ós veciños e incluso da lugar a que se dirixan a lugares equivocados, por iso dende o PP de Viveito ROGAN que á maior brevidade se coloque a sinalización ou indicador da subida á Ermita e Monte San Roque no mesmo lugar para evitar equivocacións ós nosos visitantes.
2. No paseo marítimo de Sacido-Seiramar na parroquia de Covas, hai tramos con follas de árbol no chan o que provoca molestias e risco para os viandantes que nesta época do ano frecuentan tanto veciños coma visitantes, así como lámpadas de alumeado público que non funcionan. Por iso, ROGAMOS que se tomen as medidas oportunas para subsanar estas incomodidades.
3. Veciños do Barrio do Chao da parroquia de Celeiro manifestáronnos a súa preocupación polo exceso de velocidade dalgúns vehículos, principalmente en horario escolar do Colexio Pedrosa Latas situado na rúa San Pantaleón, así coma a dificultade de tránsito tanto para peóns coma para vehículos, como consecuencia da situación que se acentúa en período escolar. Por todo iso, ROGAMOS ó equipo de goberno que se tomen medidas oportunas para garantir a seguridade dos viandantes e evitar riscos que podamos lamentar.
4. Os comerciantes e industriais da zona de Verxeles solicitaron en varias ocasións a designación dunha zona de carga e descarga. Zona de carga e descarga solicitada directamente ó alcalde, comprometéndose a iso, ata tal punto que incluso solicitou un informe da Policía Local. Non obstante, transcurriu bastante tempo sen que ata o momento se adoptara ningunha medida neste sentido. Por iso, ROGAMOS, que na maior brevidade se estableza unha zona de carga e descarga no lugar de Verxeles.
5. Últimamente estanse producindo, no Paseo do Río Landro, unha serie de caídas e pequenos accidentes que incluso acabaron con lesións que obrigaron ós afectados a ter que ir a urxencias no Hospital de Burela, por danos ocasionados principalmente en brazos e pernas.
Estes accidentes están provocados polo deficiente estado do mencionado Paseo e o crecemento de maleza e raíces na zona de tránsito, provocando serias caídas e non precisamente a persoas de avanzada idade. Por este motivo, ROGAMOS, ó equipo de gobierno que proceda á adecuación e limpeza do Paseo do Río Landro, para evitar que se produzan caídas precisamente pola deficiente conservación.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



