O vindeiro martes 13 deste mes de agosto, ás 21 horas, tras da inauguración da Feira do Libro de Viveiro (20horas), terá lugar a presentación do libro de poemas de Xaime Oroza, ‘Dende mañá’, con ilustracións de Otero Regal. Falarán, desta súa nova proposta editorial, os dous asinantes da obra no marco da Feira do Libro. O poemario ilustrado que está editado por Regal Xunqueira e imprentado por Gráficas Neira Brochs sae á venda cun prezo de 15 euros. “Dende mañá”, trae a poesía a Viveiro e dende Viveiro, no estoupido da palabra escollida e recollida no vagar de Xaime entre as rochas salgadas da Ría e os montes e bagoadas do val do Landro. O asalto da voz que nos fala dende as páxinas, trochando a uniformidade que a cotío vampirízanos a sensibilidade, poñendo un pano mouro diante de todos os reflexos que nos aventan os ollos: o mar, o río, a brisa, a chuvia, o merlo ou a bolboreta…. Xaime levanta ese pano, interiorizando todo aquilo que recorre e aquilo todo que a el o empapa. E, con elo, abre a fiestra deste libro de poemas, revelándonos o que temos diante, tan preto e tan noso, aínda que pareza que viva ao noso carón coma un estraño veciño, ata que Xaime nolo presenta para que o coñezamos.
Presentación de ‘Dende mañá’ na Feira do Libro de Viveiro
Presentación de ‘Dende mañá’ na Feira do Libro de Viveiro
Relacionado
-
Dobre presentación este xoves na libraría Bahía de Foz
-
Xa está aberto o prazo de inscrición para as “Mañás Activas” do Concello de Xove, orientadas á rapazada a partir de 10 anos con actividades organizadas polo Departamento de Deporte e Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil
-
A Pomba do Arco organiza o xoves 12 de xuño, ás 20:30, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina