A Mariña, 28 de setembro, 2025. A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca para o próximo domingo 5 de outubro en Santiago de Compostela unha manifestación nacional baixo o lema Galiza con Palestina, denunciando os dous anos de xenocidio e os setenta e sete de ocupación por parte de Israel. A manifestación partirá da Alameda ás 12:00. Desde a Coordenadora Galega organizan a asistencia á mesma en buses desde as diferentes cidades e comarcas do país. No caso da Mariña haberá buses desde Ribadeo e desde Viveiro.
“Mobilizámonos o vindeiro domingo nas vésperas de que o xenocidio cumpra o seu segundo ano, para repudiar a vergoñenta pasividade dos estados nuns casos, e noutros o apoio directo aos sionistas, e mobilizámonos tamén para esixir que os culpábeis deste regueiro interminable de crimes de guerra e contra a humanidade sexan dunha vez detidos e xulgados” afirman desde a Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina na Mariña, unha comarca que é sensible co que está acontecendo en Gaza e que leva tempo saíndo á rúa en localidades coma Burela, San Cibrao, Viveiro, Foz, Ribadeo ou Barreiros, manifestando a súa repulsa ao xenocidio que está levando a cabo Israel.
Desde a Estación de Autobuses de Ribadeo sairá un bus ás 8:30 e a continuación fará unha parada para recoller maís xente en Barreiros, no restaurante O Asador. Para anotarse para este bus, os teléfonos son: 982 140 654 e 982 581 861.
Desde a Estación de Autobuses de Viveiro sairá un bus ás 8:45. Para anotarse neste os teléfonos son 679 487 153 e 653 756 454.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



