O Burela compite un duro encontro ante o Roldán con bo xogo de 5 e boa defensa a pesar do resultado
Burela, 27 de setembro, 2025. Cuarta xornada da 1ª División Iberdrola FS, onde o CD Burela FS enfrontou a outro complicado encontro fóra da casa ante un dos equipos favoritos da categoría, o STV Roldán FSF. Tras un duro golpe en Leganés este mércores as burelás viaxaron directas a Murcia para enfrontarse a un conxunto moi sólido que só cambiou unha xogadora nesta tempada e ao que o conxunto laranxa plantou cara a través da estratexia defensiva pero tamén ofensiva, cun xogo de 5 continuo e ben traballado.
Comeza coa posesión o Burela pero as dúas primeiras ocasións claras serán para as locais, un pau de Rocío no minuto dous tras unha boa intervención de Ana Eliza nun saque de falta moi perigosa de Cecilia e un minuto despois volve intervir a cancerveira brasileira nun disparo escorado de Mayte Mateo tras unha recuperación. Continúan as ocasións para o Roldán durante os primeiros 5 minutos que mantén a estratexia de ataque manténdose o Burela firme e aguantando a presión das pachequeiras. Ocasión do Burela no minuto 6 que desvía Almudena nun pase longo boísimo de Silvia Rubal que recolle Lara disparando dende case a área. Chegan dous goles consecutivos do Roldán no minuto 8, o primeiro de Alba Gandía que dispara dende a área nunha acción rápida tras unha recuperación en cancha local e o segundo de Bárbara, que define desde a lateral da área tras recibir un pase longo impecable de Mayte Mateo. Saca o xogo de 5 Belén Feal sen resultados e volve sacalo no minuto 15 cunha ocasión clarísima para Lara rematando un balón dende a área que desvía de novo a porteira. Comezan os minutos do Burela, que gaña confianza e aumenta a posesión do balón, xerando ocasións e obrigando a defender ás locais que non conseguen chegar a portería rival durante este xogo de 5. Falta moi perigosa de Irene case na área no último minuto, que saca Alba Gandía e salva Ana Eliza en dous tempos. Volve sacar Ana Eliza, esta vez por riba do traveseiro, a 10 segundos do final, nun potente disparo de Andrea.
Segunda parte con gol no primeiro minuto, que salva nun inicio Ana Eliza cun paradón a un disparo potentísimo de Alba Gandía que recolle Bárbara e cóaa entre a defensa burelense, chegando de novo a Alba que finaliza con efectividade nun disparo frontal. Continúan atacando as locais cunha moi boa acción do Burela no minuto 5 na que Lara burla á xogadora murciana e executa un pase ao que non chega Mara. Sae Lola no minuto 27 tentando presionar con xogo de 5 o Burela, pero nunha perda de balón Alba Gandía anota o terceiro a portería baleira. Despexa Laura Baranco un balón morto moi perigoso da área no minuto 29 e no 30 gran acción de Lara na que chega ante a gardameta nun bo saque longo de Lola pero a porteira murciana logra despexar, tras un agarrón a Lara da defensa murciana que a árbitra non ve. Sae Irene de porteira-xogadora unha vez máis no minuto 27 e dobre parada de María Valsera a un disparo inicial de Lara e outro de Cris Blanco no rexeite. De novo volve intervir María no 28 nunha recuperación de Lara preto da área rival que dispara pero atópase de novo á porteira. Continúa buscando o gol no último minuto o Burela con xogo de 5, esta vez con Cris Blanco coa elástica negra e última ocasión no último segundo para Silvia Rubal que dispara desde o seu propio campo despexando a defensa murciana xusto na bucina final.
Ficha Técnica STV Roldán FSF 4-0 Burela FS
STV Roldan FSF (4): Almudena; Mayte Mateo (C), Mariángeles V., Cecilia, Rocío -quinteto inicial-, Alba Gandía, Laura, Bárbara, Andrea, María, María Valsera. (P)
Burela FS (0): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Laura Barranco, Lara, Irene -quinteto inicial-, Silvia Rubal, Sandra, Sydorenko, Marina, Mara, Lola (P).
Goles: 1-0, min. 8: Alba Gandía. 2-0, min.8: Bárbara. 3-0, min. 21; Alba Gandía. 4-0; min. 27: Alba Gandía.
Árbitros: Lorena Marco, Antonio Navarro, Julia Angels García.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Alba Gandía e das visitantes, Sydorenko.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



