O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada deu este sábado a saída na Praza do Concello aos participantes desta proba cicloturista que percorreu lugares emblemáticos como a Seimeira de Vilagocende e as aldeas de Naraxa, Silvela, Aldomán, Pereira ou Paradanova
Lugo, 27 de setembro de 2025. O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, deu este sábado a saída na Praza do Concello aos preto de 300 participantes da XI edición da Ruta dos Lobos, unha cita cicloturista que combina deporte, natureza e turismo na Montaña Lucense. A Deputación colabora coa difusión desta proba deportiva que contou con dous percorridos segundo o nivel de dificultade: un itinerario longo de 45 quilómetros e 1.750 metros de desnivel positivo; e outro de 35 quilómetros e 1.500 metros de desnivel positivo.
Este evento, ademais de fomentar a práctica do ciclismo, pon en valor os recursos naturais e turísticos da Montaña Lucense, facendo descubrir aos participantes achegados de toda Galicia, e doutras comunidades, como Madrid, Pais Vasco ou Asturias, lugares emblemáticos como a Seimeira de Vilagocende e as aldeas de Naraxa, Silvela, Aldomán, Pereira ou Paradanova. Durante o percorrido, os ciclistas contaron con puntos de avituallamento con produtos típicos da Fonsagrada, que combinan deporte e gastronomía local.
Carlos López destacou que esta proba “permite dar a coñecer a paisaxe, a cultura e a gastronomía do municipio, e agradeceu o esforzo de todos os voluntarios e voluntarias que fan posible a celebración da Ruta dos Lobos”. Así mesmo, subliñou que este evento tamén “xera un impacto económico moi importante na comarca, impulsando a actividade do comercio, nos aloxamentos na restauración, e proxectando a Fonsagrada como un destino dinámico e atractivo para o turismo activo”.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



