Lugo, 26 de setembro de 2013. A delegada territorial, Raquel Arias, resaltou o impulso que para a promoción da provincia representou o desenvolvemento da campaña “…E para comer, Lugo” na pasada edición da Vuelta a España 2013, promovida pola Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.
Arias compareceu en rolda de prensa para facer balance da iniciativa xunto co presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, e o da asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, Francisco José Monasterio.
A comitiva de “E para comer… Lugo”, da que forman parte nove denominacións de orixe, tres asociacións de produtores e tres empresas lucenses, repartiu 60.000 aperitivos e recibiu 25.000 visitas, o que supón un incremento do 20% con respecto aos rexistros do pasado ano. Ademais, distribuíronse 8.000 exemplares da guía “…E para comer, Lugo”.
A delegada destacou que “máis de 150 países proxectaron esta proba a través dos medios de comunicación, o que revela que a Vuelta abre unha enorme fiestra para a difusión e a internacionalización da marca Galicia no seu conxunto, e de Lugo e da súa provincia en particular, neste caso”.
“Ningunha feira –engadiu Arias- é equiparable á capacidade que ten esta singular iniciativa, que por segundo ano desenvolvemos no marco de La Vuelta, para chegar a multitude de territorios e de persoas”.
O presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, abundou tamén na idea de que “durante máis de vinte días Lugo estivo á vista do público e de moitos medios de comunicación, e estamos moi satisfeitos do resultado desta iniciativa que para nós cumpriu o seu obxectivo: ser escaparate da provincia de Lugo e polo de atracción de turistas”.
Real incidiu no incremento de visitantes, “aos que habería que sumar as miles de persoas que conforman o grande equipo organizativo de La Vuelta e que tamén foron asiduas do noso stand”.
Tanto a delegada como o presidente dos hostaleiros lucenses agradeceron a participación “altruísta dos produtores colaboradores”: Os consellos reguladores de Ribeira Sacra, Ternera Galega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo de San Simón da Costa, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Grelo de Galicia, Pemento de Mougán e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como os armadores de Burela, galletas mariñeiras Daveiga, a queixería Marqués de Cernadas, e as asociacións de criadores de Galo de Mos, Ovella Galega e Porco Celta.
Impacto económico
A delegada territorial da Xunta lembrou que esta iniciativa reforza o impacto económico que La Vuelta ten para a provincia, que da resultados inmediatos dende o momento en que a ronda ciclista atravesa a provincia, como ocorreu por segundo ano consecutivo na presente edición coa etapa que arrancou de Sober. Así, estímase que a proba xera cada día un movemento económico de arredor dun cuarto de millón de euros polo territorio que atravesa.
Arias confiou en poder reeditar este proxecto “que conxuga deporte, desenvolvemento económico e promoción exterior” e que ven a sumarse ao “traballo que realiza a Axencia Turismo de Galicia para ordenar e difundir a oferta turística lucense”.
Ao respecto, a delegada sinalou que “estamos no bo camiño”, segundo reflicten os “extraordinarios datos” alcanzados en agosto. A provincia alcanzou ese mes as 160.000 pernoitas en establecementos hoteleiros e un incremento de viaxeiros aloxados do 21,5% con relación ao pasado ano, rexistros que confirman a tendencia acumulada de todo o ano. Entre xaneiro e agosto superouse nun 11,4% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 9,8% o nivel de pernoitas do mesmo período do 2012.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



