A Deputación de Lugo, a través do Centro de Innovación Social In Lugo, ofrece dende este luns un novo seminario gratuíto sobre márketing online, no que tomarán parte 25 desempregados da provincia, e no que aprenderán a aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar as súas competencias curriculares e aumentar as posibilidades de atopar traballo.
Márketing de contidos dixitais na era das TIC, financiado nun 80% pola Unión Europea a través do programa Innova-TE e que se desenvolverá ata o vindeiro 8 de outubro, é unha acción formativa de carácter semipresencial cunha carga lectiva de 150 horas, durante as que os alumnos recibirán o material didáctico preciso e contarán con titorías e axuda durante todo o desenvolvemento do curso. En canto ós contidos, versarán sobre as ferramentas e estratexias de márketing dixital coas que se é posible mellorar substancialmente as competencias curriculares e as posibilidades de inserción laboral. Os contidos teóricos completaranse con prácticas e titorías de resolución de dúbidas e problemas.
Precisamente a finais do pasado mes de agosto vén de rematar con éxito un curso online cun contido similar, dirixido a traballadores en activo, empresa e autonómos, e, neste caso, enfocado a ensinar as técnicas máis adecuadas para mellorar a competitividade das empresas, ampliar os seus mercados, fidelizar clientes e aforrar custes, contribuíndo así a aumentar o volume de beneficios. As campañas online, os blogs e microblogs, a importancia da fidelización online, a marca no márketing dixital ou as novas estratexias creativas na rede ou na web como “tenda 24 horas”, foron algúns dos contidos abordados nesta acción formativa, tamén financiada por fondos europeos, que se complementou con prácticas e testemuñas de experiencias reais de éxito.
Máis dun milleiro de participantes
Con estas novas accións formativas, o Centro de Innovación Social continúa coa súa intensa labor encamiñada a eliminar a fenda dixital na provincia, favorecer o equilibrio territorial e aproveitar as TIC para impulsar o desenvolvemento socioeconómico.
Con estes últimos participantes, a son máis de 1.000 os veciños e empresas da provincia que levan participado en algo máis dun ano nas accións formativas, todas gratuítas, organizadas polo In Lugo. Houbo obradoiros e xornadas, eminentemente prácticas, en 22 Concellos da provincia, encamiñadas a amosar ós lucenses como sacarlle o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de impulsar o tecido empresarial para manter e xerar emprego. O uso de buscadores web, o comercio electrónico, a formación en community manager, a creación de blogs e páxinas web, e o deseño de campañas de marketing on line foron as xornadas que tiveron unha maior aceptación.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



