Cervo, 7 de setembro de 2013-A edil de Turismo e Medio Ambiente, Begoña Alonso, asegurou hoxe que dende que a Deputación de Lugo está gobernada polo PSOE “nunca colabora con el Concello en el acondicionamiento de las playas de San Ciprián”. Alonso lembra que antes da entrada do Goberno Provincial socialista, a Deputación axudaba ao Concello na posta a punto dos areais con maquinaria.
“Hasta entonces era una imagen habitual ver la niveladora de la Diputación repartiendo la arena para el uso de los bañistas”explica a edil, e lamenta que se dea esta situación cando precisamente “hay una vecina de San Ciprián en el Gobierno Provincial que no mueve un dedo por nuestras playas”.
A responsable de Turismo e Medio Ambiente explica que nos últimos anos o Concello solicitou en reiteradas ocasións á Deputación que mantivese a colaboración que viña prestando o anterior Goberno Provincial. “Podemos enseñar las múltiples cartas enviadas a la Diputación en los últimos años solicitando esta colaboración, normal y habitual hasta entonces. Unas cartas que nunca fueron respondidas y una colaboración que nunca fue prestada”.
Polo tanto, Alonso asegura que “todo lo que tenemos que agradecerle a nuestra vecina socialista de San Ciprián con responsabilidades en la Diputación es que nos privase de servicios”. A edil lembra ademais que ante o silencio da Deputación e a necesidade de efectuar estes traballos imprescindibles para iniciar a temporada de baño, a administración cervense tivo que solicitar a colaboración doutras entidades, como o Concello de Xove e o Servizo Provincial de Costas.