Lugo, 19 de setembro de 2013.- O secretario xeral do PPdeLugo e portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, desmentiu este xoves ao vicepresidente da Deputación, Antón Veiga, puntualizando que durante este ano a Xunta está a manter o esforzo contra os incendios forestais cun dispositivo humano e material “idéntico” ao do pasado ano para a época de maior risco.
Balseiro lembra que incluso se incrementaron “lixeiramente” os medios humanos xa que o número total de efectivos mesmo creceu en 19 persoas. Tamén, no cómputo xeral, hai que contabilizar unha brigada forestal máis.
MÁIS EFECTIVIDADE
Balseiro si criticou a falta de sensibilidade e colaboración “dunha minoría de alcaldes do BNG e do PSOE” que non quixeron participar nos convenios para a creación das brigadas municipais pese a que esta tarefa resultou moi positiva e permitiu que o case 8 de cada 10 incendios -o 76% do total dos que se declararon este verán- se quedaron nun simple conato, isto é, non superou a hectárea
O portavoz popular lembra que a previsión de brigadas municipais foi superada pola maior demanda dos concellos e o seu traballo resultou “especialmente efectivo” xa que logo pese á gravidade dos lumes que este verán afectaron, o número de hectáreas calcinadas no que vai de ano na Comunidade é notablemente inferior ao de campañas precedentes.
NON ESTAMOS NO 2006
Balseiro dixo que sen ser triunfalistas “porque nunca é bo facelo en materia de emerxencias e coa campaña aínda en marcha”, si son datos máis positivos que nos fan esquecer o acontecido na vaga de incendios do ano 2006, precisamente na lexislatura na que o BNG tiña a responsabilidade de xestión deste dispositivo. Desde o PP aclaran que os nacionalistas si foron expertos en facer recortes no operativo xa que daquela, na responsabilidade de Goberno bipartito, anunciaron a redución dun 34% nos medios humanos, un 30% nos helicópteros e a cancelación do convenio con Defensa.
EUCALIPTOS
Por outra banda Balseiro lamentou que Veiga fale “fóra da realidade, tirando do argumentario do BNG pero sen contrastar nada do que di” e amosouse sorprendido porque alguén da Mariña poida incluso realizar afirmacións tan absurdas como que a introdución de árbores como piñeiros e eucaliptos contribúe a alimentar os lumes, cando a realidade é que as comarcas como a da costa lucense, especializadas na plantación de especies de crecemento rápido e que fixeron un importante esforzo de xestión do monte de forma coordinada entre os propietarios son as que menos arden en Galicia.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



